Wikipedia:Terceira malla de artigos da Galipedia

  Wikipedia:Malla   Wikipedia:Wikiproxecto mantemento  


Atallo:
WP:MALLA


Esta é a terceira malla de artigos da Galipedia, temos que seguir mallando para que os artigos da categoría:Wikipedia:Atención non nos coman! O ano pasado por isto e por aquilo non se fixo a malla así que hai choio acumulado, precisamos de tódalas vosas mans!

A malla

editar

A malla é un antigo traballo agrícola que en moitos casos, e mentres non houbo maquinaria para realizala, se facía en comunidade xa que era un labor moi pesado, e que era moito máis sinxelo de facer coa colaboración dos veciños e familiares. Na Galipedia tamén temos moita palla que separar do gran, pero é un traballo pesado e pouco agradecido, mais que se o facemos entre moitos pode facerse de forma máis rápida e menos laboriosa.

A idea

editar
 
Veña, imos todos ó choio!

Como nas edicións pasadas non rematamos a tarefa, temos que seguir choiando nela. E cal era esta tarefa? Que pouca memoria tes, eh? Pois moi sinxelo, temos que acabar cos artigos da Categoría:Wikipedia:Atención para que eles non acaben con nós.

Por que é bo para o proxecto facer isto? Porque isto é unha enciclopedia e a xente espera que a calidade dos seus contidos sexa excepcional, pero se deixamos que os artigos con problemas se poñan a medrar sen control podemos chegar a unha situación na que os usuarios atopen máis artigos con erros que artigos de calidade, e iso non é unha enciclopedia nin é nada.

Entón temos que poñernos co choio, os que estean interesados nesta tarefa terán como obxectivo amañar os artigos desa categoría durante unha semana, deixando un pouco aparcadas as súas tarefas individuais para así facer unha tarefa colectiva (valga a redundancia neste proxecto colectivo :).

Non fai falta adicarse a isto todos os días da semana, pero está claro que canto máis traballo adiquemos mellor quedará a cousa.

Tamén podemos aproveitar esta actividade para dar a coñecer un pouco máis o proxecto, ó facer unha cousa nova, diferente, é posible que algunha xente se anime a comezar a participar e ó mellor algún queda enganchado. Teremos que facer tamén unha labor de difusión nos medios de comunicación e nas redes sociais. Será como cando na malla tocaban o corno para que a xente se achegara á eira!

O traballo

editar
 
A darlle duro!

Na Categoría:Wikipedia:Atención hai artigos con diferentes problemas: algúns son relevantes pero demasiado curtos, outros pode que non sexan relevantes e habería que borralos, outros teñen problemas de estrutura e redacción… hai un pouco de todo. Os máis urxentes serían os da Categoría:Atención desde febreiro de 2009 e seguintes, que son os máis antigos. En total son 1.137 artigos os que hai que amañar, neste tempo a categoría aumentou exponencialmente. Como nota para navegantes dicirvos que na anterior edición a categoría quedou nuns míseros 206 artigos, que pasou neste tempo?!

Nesas categorías hai artigos para tódolos niveis: os novatos poden adicarse a ampliar os artigos que son curtos de máis, dende as súas propias fontes ou traducindo os artigos das outras wikipedias. Outra tarefa sinxela sería facer a revisión ortográfica, problema que teñen algúns deles, pero que pode simplificarse con distintas ferramentas. Tamén é unha tarefa sinxela revisar as traducións automáticas que tamén están nesta categoría. Os usuarios máis avanzados poden adicarse a dar o formato ós artigos que carecen del e das outras tarefas máis complicadas. O que hai que facer é ir buscando nos artigos da categoría os que teñen o nivel que se axeita ás nosas capacidades.

Hai unha categoría con tódolos artigos con estes problemas >>aquí<<, por se queredes rebuscar entre todos os que hai.

Esta Terceira malla de artigos da Galipedia terá lugar entre o luns 3 de xullo e o domingo 9, ámbolos dous incluídos, segundo esta votación.

Organización!

editar

Aínda que os artigos son bastantes sempre podería darse o caso de que varios usuarios se puxesen a editar o mesmo artigo ó mesmo tempo. Para evitar isto a solución é sinxela: cando un usuario decida meterlle o dente a un dos artigos o primeiro que debe facer é poñerlle o modelo {{En uso}} e gravar. Dende ese momento o resto da xente saberá que ese artigo está collido por outro compañeiro e que ten que poñerse con outro distinto. Hai que traballar, pero facer dúas veces o mesmo non, grazas! :)

Tamén é moi recomendable que os usuarios máis avanzados concentren o seu traballo en amañar os artigos máis complexos e longos, así deixaremos o traballo máis sinxelo para os usuarios máis novos.

Evolución do número de artigos na categoría Atención

editar
 
Non lle puxemos o curuto ó palleiro.
 
Aquí non hai malladora, fan falta as mans de todos!

Todo o que estea interesado nesta actividade pode participar, cantos máis mellor! Tampouco hai necesidade de apuntarse en ningún sitio, o que fai falta é xente que choie! :), pero os que queiran poden apuntarse nesta lista, por se fose necesario coordinar algunha parte do traballo ou outras cousas.

Xenial Aprofa! O que pasa é que realmente non é doado atopar só os artigos que precisan revisión ortográfica nesa categoría, hai que buscalos un por un. Pero!, aquí tes unha lista de artigos que moitos deles teñen o marcador de atención e moitos deles teñen o marcador por erros ortográficos. Nese listado penso que será doado que atopes artigos para amañar, só hai que amañar os que teñan o marcador de atención. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 10:17 (UTC)[responder]
@Aprofa:, temos unha categoría de mantemento chamada: Artigos que precisan de revisión ortográfica, contén preto de 300 artigos. . HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2017 ás 15:09 (UTC)[responder]

Os resultados

editar

Este ano a tarefa era máis grande que nas outras ocasións, comezábase con 1191 artigos en atención! En total amañáronse 108 artigos, un resultado que casa coas outras edicións, pero o problema segue nesa categoría porque nos últimos anos non para de medrar. A boa nova é que algúns dos artigos máis vellos, algúns que estaban dende o 2007 e outros dende o 2009, foron amañados, un punto extra do traballo!

A conclusión que saco é que hai que revisar esa categoría e separar os artigos que realmente teñen problemas doutros que teñen as súas categorías específicas, como os que precisan revisión ortográfica ou os que hai que wikificar.

Outra cousa que boto en falta é que habería que buscar "responsabilizar" un pouco máis ós creadores dos artigos con problemas. Se un artigo xa leva moito tempo creado, ten edicións de varios autores e tal, ó mellor non é doado identificar a un usuario, pero un artigo que acaba de crearse, e, por exemplo, é curto, ademais de marcalo habería que avisar ó usuario para que amañe a súa achega. O problema é que isto é máis choio para os que marcan os artigos e habería que artellar un sistema que fose automático. O ideal sería que se puidera usar o sistema que hai en Commons para marcar as imaxes para borrado, cunha ligazón na barra da esquerda que pon o modelo na imaxe e automaticamente pon un aviso na páxina do usuario a subeu. Haberá que investigar iso un pouco para ver se pode facerse algo semellante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2017 ás 22:55 (UTC)[responder]

En Mos hai que revisar o apartado de medios de comunicación, no Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e Ulysses Guimarães o marcador aparece ao final do artigo (precisan un traballo de ampliación e o golpe ten varios avisos de "cómpre referencia"). Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 19:34 (UTC)[responder]
(Véxase o apartado A súa visión da historia) --Chairego apc (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 19:49 (UTC)[responder]
Eliminei ese apartado por non ser neutral e non ter referencias axeitadas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 01:21 (UTC)[responder]

Edicións anteriores

editar