Wikipedia:Sobre Galicia/outubro 2007

A literatura galega do século XX pode dividirse, grosso modo, en tres etapas: literatura de preguerra, literatura de posguerra (maioritariamnete dende o exilio) e literatura dende a fin da ditadura até a fin de século. Despois da máis que esperanzadora etapa do Rexurdimento, a literatura galega comezou un período de decaemento en case todos os xéneros, agás no teatro, posto que a dramática galega nacerá en 1882 coa representación d'A fonte do xuramento de Francisco María de la Iglesia. De feito, un dos primeiros feitos destacábeis da literatura galega no século XX foi a creación, en 1903, da man dun grupo de xoves liderado por Eduardo Sánchez Miño, da Escola Rexional de Declamación. Manuel Lugrís Freire e Galo Salinas serán os escritores dramáticos que máis colaboren con esta escola.