Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo sobre o papel de Galicia na Segunda Guerra Mundial. Fixen uns pequenos arranxos, eliminado as seccións baleiras e engadindo algunha cousiña. Penso que está ben referenciado e é distinto dos que soemos ter na portada sobre Galicia. --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 12:39 (UTC)[responder]
Comentario. Como indica o usuario que fai a proposta, foron eliminadas varias seccións baleiras ("Consecuencias", "Espionaxe", "Fuxida dos criminais nazis" e "Republicanos" - da sección de "Participación galega" -) Entendo que o artigo non está rematado. Explico todos os puntos negativos que lle vexo:
Ao faltar a sección dos republicanos que participaron na contenda parece que a participación galega limitouse á División Azul.
Creo que a sección de "Exilio e Represión" non está ben onde está, xa que o exilio e a represión foron consecuencia da Guerra Civil, logo os asasinados en Mauthausen foron como consecuencia da ocupación alemá de Francia, así que ou partiría a sección en dúas e poría unha parte en "Antecedentes" e outra como subapartado de "Consecuencias", ou poría todo como subapartado de "Consecuencias".
Creo que estaría ben incluír como artigo principal de "U-Boot" a Batalla do Atlántico, e explicar un pouco en que consistiu e indicar cando se afundiu o primeiro submarino alemán (esta sección carece totalmente de referencias)
Creo que o cabezado da sección de "Comunicacións" hai que referencialo algo.
A frase había desfasado o seu exército é correcta? A min o había sóame raro.
Creo que os "Antecedentes" se poden referenciar un pouco máis.
Hai unha ligazón interna no corpo do artigo (a cita do voluntario falanxista na fronte rusa), creo que a habería que poñer como referencia.
Por todo isto creo que o artigo non está completo e non creo que mereza ir á portada, creo que aínda hai moito traballo por facer con el, aínda que por temática estaría perfecto. Síntoo. Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 16:12 (UTC)[responder]