Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Rosalia de Castro - Boeing 737 Norwegian (cropped) 3.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: aprobada
Período de votación: 24/2/2017 - 11/3/2017
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 07:45 (UTC) (Período de votación: dende o 24-02-2017 ata, polo menos, o 11-03-2017)[responder]
- Información: Proposta para a semana 8 de 2018
- DESCRICIÓN: Boeing 737 de Norwegian co retrato de Rosalía de Castro. Vexa o artigo Galería de imaxes de Rosalía de Castro
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 07:45 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 24 de febreiro de 2017 ás 08:10 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 25 de febreiro de 2017 ás 16:14 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 28 de febreiro de 2017 ás 01:47 (UTC)[responder]
Concordo.--Miguelferig (conversa) 4 de marzo de 2017 ás 23:34 (UTC)Se a foto non é real teño que borrar o meu voto.[responder]Concordo. --Prevertgl 7 de marzo de 2017 ás 18:59 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2017 ás 09:21 (UTC)[responder]
- En contra
Discordo. Composición. Véxase razoamento máis abaixo: A imaxe de Rosalía nunca estivo nese avión IMO-- Lmbuga / Conversa comigo 8 de marzo de 2017 ás 20:46 (UTC).[responder]
Se é aprobada para imaxe da semana, debería aparecer nos datos da foto presentes na páxina da portada (ademais de nos datos da foto) que é ficción. Aseguro que é ficción. Estou seguro-- Lmbuga / Conversa comigo 8 de marzo de 2017 ás 21:08 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Quizais estea confundido, pero,ao meu parecer, a imaxe é unha composición; non é real. Digo isto porque a nitidez do texto Rosalía de Castro, Spanish author non ten cabida na imaxe (demasiado nítido). Compárese cos textos que hai noutras zonas do avión e que deberían estar igualmente nítidos porque a distancia da cámara ao avión é moita.
- Ademais, a foto ten como defecto claras aberracións cromáticas. Curiosamente a imaxe de Rosalía e o texto carecen desas aberracións.
- En definitiva, a foto non é verdade, é unha composición. Considero que é un sutil engano e que non debe ser imaxe da semana.-- Lmbuga / Conversa comigo 8 de marzo de 2017 ás 20:46 (UTC)[responder]
- Rogo a Breogan2008, Chairego apc, RubenWGA, Miguelferig, Prevert, Banjo, que reconsideren, tras o dito, a súa posición. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 8 de marzo de 2017 ás 20:51 (UTC)[responder]
A imaxe foi subida polo usuario que a propón. Inda que a min me parece moi ben que faga iso e mesmo que propoña as súas propias imaxes, non sei que parecerá tal cousa nun espazo tan constritivo como a Galipedia-- Lmbuga / Conversa comigo 8 de marzo de 2017 ás 20:56 (UTC)[responder]
Comentario. Lmbuga, a imaxe procede da propia compañia aérea Norwegian, nesta ligazón tes o repositorio de imaxes. A graza da foto está na cola, semella que usan vinilos que permiten moita nitidez polo que se ve noutras imaxes. Na información EXIF hai referencia a Photoshop, poida que a imaxe teña retoques (non sei exactamente cales). Ten un aspecto de foto publicitaria quizais sexa niso no que usaron Photoshop. Se os cambios son máis que certos axustes de aspecto, se consisten en manipular a realidade (por exemplo, se o fondo non é real, ou cuestións semellantes) riscarei o meu voto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de marzo de 2017 ás 21:40 (UTC)[responder]
- A imaxe gústame pero fun preguiceiro por non argumentar o meu voto. O razoamento de Lmbuga paréceme ben fundamentado como norma xeral, por iso risco o voto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 9 de marzo de 2017 ás 10:19 (UTC)[responder]
- Teorías conspirativas non demostradas a parte, a min paréceme unha imaxe moi valiosa e axeitada para a portada. Outra cuestión sería o debate (máis ben filosófico) do que cada un entende por imaxe "real", cales son as imaxes "reais" e cales non, se esta é unha imaxe "real" ou non, e en concreto cales, do resto das imaxes que empregamos no proxecto, entran na categoría de "reais" e cales non. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2017 ás 13:33 (UTC)[responder]
- HombreDHojalata, na miña opinión non é bo camiño enfocalo polo aspecto persoal. Máis nada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 9 de marzo de 2017 ás 13:39 (UTC)[responder]
- Non quería entrar nese tema, pero xa que o sacas... non era a miña intención tocar aspectos persoais. Pola contra, sí me pareceu percibir alusións persoais antes da miña primeira intervención nesta páxina. En concreto aquí, e cito: "... A imaxe foi subida polo usuario que a propón. Inda que a min me parece moi ben que faga iso e mesmo que propoña as súas propias imaxes...". Asemella que, amais de valorar a imaxe, temos que, dalgún xeito, valorar, tamén, quen a subiu e quen a propuxo, e estar a expectativa de se propón, ou non, imaxes propias! (lembremos que este debate xa o tivemos en varias ocasións e concluímos en que non hai impedimento ningún para que un mesmo propoña contidos nos que traballou).
- Aquí, calquera é libre de opinar, de elucubrar, dicir e votar o que queira, e merece todo o meu respeto, porén, o argumento en concreto non aporta evidencia ningunha, e o argumentador non se limita a opinar, vota negativamente baseándose no argumento, e fai un chamamento explicito e individual, a todos e cada un dos que votaron antes ca el, a que muden o sentido do voto, co afán, evidente, de tumbar a proposta! Iso si que non era, ata o de agora, práctica habitual neste espacio tan (e cito) "constritivo" coma este (non sei se iso, chamarnos constritivos, así, sen mais razoamento, tamén se pode considerar unha alusión personal ou non).
- Por certo. A teoría desenvolvida pasa da dúbida á afirmación absoluta en 11 edicións consecutivas en pouco máis de media hora, porén, nin nas primeiras edicións, nin nas últimas, se dá proba ningunha do que se di. E inda que así fora, que a imaxe estivera alterada dixitalmente, que si que o está, cal é o problema?. Eu vou facer a seguinte reflexión: todos os milleiros de imaxes que subimos a Wikimedia Commons e que vemos, no monitor, smartphone etc., son imaxes falsas. Non son reais, son representacións dixitais es soportes de variadas características. No exemplo, quizais, unha imaxe "real" podería ser a que percibira directamente, cos seus propios ollos sen cámara ningunha, un espectador cunha visión "perfecta" sentado no asento do lado do fotógrafo, no avión dende o que se tirou a foto, cun campo de visión diáfano etc. As imaxes que aquí valoramos son o froito dunhas máquinas (fotográficas) concretas, empregadas dun xeito concreto, nun momento concreto (encuadre, iluminación ...), despois tratadas noutras máquinas. Milleiros das imaxes que empregamos habitualmente están retocadas dixitalmente, nesta páxina podes atopar ducias de exemplos, de varios autores (algún deles participante neste debate).
- Quede claro, en todo caso, que o meu propósito e falar aquí de imaxes e argumentos, e non das persoas que os fan. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2017 ás 16:40 (UTC)[responder]
- A min a intervención de Lmbuga serviume de recordatorio sobre un aspecto da imaxe que me incomodaba, tamén que nesta quenda de votacións emitira un voto irreflexivo, por comodidade e rapidez, polo xeral adoito dar unha razón (boa ou mala) de cada voto. Por outra banda, votei unha proposta dunha fotografía en concreto para a portada, en ningún caso sobre todas as imaxes que puideran ter retoques nin para todos os usos (ese é un debate ao que neste momento non quero dedicar nin un minuto). Respecto á carga da imaxe interpretei o que dixo Lmbuga como froito dunha chea de debates que nun resumo moi esquemático, mesmo simplificador, consideran as autopropostas como problemáticas. Nun espazo con tan poucos colaboradores poden derivar en votacións de apoios ou rexeitamentos das persoas (algo que nós non nos podemos permitir). Esta votación non é unha autoproposta, ademais o traballo que Banjo fai polo proxecto, a min, paréceme excelente, imprescindible e pouco agradecido. O que di Lmbuga semella un comentario xeral. Por último, tiven a impresión dun fío subterráneo que ía máis aló da propia imaxe, non me gusta transitar por esa vía. Un cordial saúdo. --Prevertgl 9 de marzo de 2017 ás 19:39 (UTC)[responder]
- Non esperaba un trato cordial de Usuario:HombreDHojalata. Todos sabemos que hai usuarios que nos tratan ben e usuarios que nola teñen xurada. Borro calquera opinión realizada sobre a foto e pídolle desculpas (ironía) a HombreDHojalata por editar 15, 55 ou 143 veces sobre o asunto. Quizais eu non teña razón, moi probablemente; ou quizais a teña. Quizais el teña razón en que facer 15 edicións educadas e preocupadas polo asunto indique que vou a por alguén ou que son un cabrón. Sexa como sexa HombreDHojalata podería ser, se el o quixese, un bo compañeiro.-- Lmbuga / Conversa comigo 10 de marzo de 2017 ás 01:01 (UTC)[responder]
- @Prevert: A autoproposta non é vangloria. Ti non es quen para xulgar se somos ou non adultos ou capaces: Deixa á xente actuar. Ninguén ten que actuar conforme os teus medos. Véxase o que ocorre en Commons-- Lmbuga / Conversa comigo 10 de marzo de 2017 ás 01:10 (UTC)[responder]
- Por certo, sabía, por ler xornais ou escoitar a radio, que era verdade que dita compañía usase a imaxe de Roalía. Así e todo, non creo que a ninguén que teña idea de fotografía lle resulte estraño que a min a foto me estrañase moito.
- Por certo, se fago 10, 23, 189 ou 1567 aportacións sobre o asunto, débese unicamente a que pouco e pouco vou profundizando e tendo claro o que dicir. Non vou a por ninguén. Desde logo, non vou a por HombreDHojalata-- Lmbuga / Conversa comigo 10 de marzo de 2017 ás 01:30 (UTC)[responder]
- Eu sigo insistindo en que a foto non é real-- Lmbuga / Conversa comigo 10 de marzo de 2017 ás 01:34 (UTC)[responder]
- Por certo, se fago 10, 23, 189 ou 1567 aportacións sobre o asunto, débese unicamente a que pouco e pouco vou profundizando e tendo claro o que dicir. Non vou a por ninguén. Desde logo, non vou a por HombreDHojalata-- Lmbuga / Conversa comigo 10 de marzo de 2017 ás 01:30 (UTC)[responder]
- Por certo, sabía, por ler xornais ou escoitar a radio, que era verdade que dita compañía usase a imaxe de Roalía. Así e todo, non creo que a ninguén que teña idea de fotografía lle resulte estraño que a min a foto me estrañase moito.
- @Prevert: A autoproposta non é vangloria. Ti non es quen para xulgar se somos ou non adultos ou capaces: Deixa á xente actuar. Ninguén ten que actuar conforme os teus medos. Véxase o que ocorre en Commons-- Lmbuga / Conversa comigo 10 de marzo de 2017 ás 01:10 (UTC)[responder]