Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Casa en Iria Flavia, Padrón, Galiza.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 3 a favor, 2 en contra.
Ficheiro:Casa en Iria Flavia, Padrón, Galiza.jpg editar
- Información: Casa en Iria Flavia, concello de Padrón, Galiza. Imaxe creada e cargada en flickr por mChuca, liberada de dereitos para poder ser cargada en Commons por Lmbuga; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 23:19, 30 decembro 2009 (UTC)
- A favor
- Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 23:19, 30 decembro 2009 (UTC)
- Concordo. Unha casa como me gustan Elvira (conversa comigo) 09:49, 31 decembro 2009 (UTC)
- Concordo. Non penso que sea escura. O ceo de Galicia, as veces, é escuro. En todo caso reflectiría unha realidade. --HombreDHojalata conversa 18:52, 11 febreiro 2010 (UTC).
- Contra
- Discordo Para o meu gusto, demasiado escura, pero a casa debe se-la tal para unha peli de medo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:47, 2 xaneiro 2010 (UTC)
- Discordo Non me gusta votar en contra de ningunha imaxe, prefiro non votar, pero véxoa tan artificiosa, con tanto Photoshop, que voto en contra.--PepedoCouto (dimo aquí) 12:37, 7 xaneiro 2010 (UTC)
- Comentario
- Comentario Volvo outra vez á carga (síntoo, pero non podo evitalo). ¿Como que "para o meu gusto"? Ou a foto ten mal os niveis de luz ou tenos ben. Se o día era escuro, a foto ten que ser así. ¿Que imos facer, imos denegar imaxes porque o ceo non está azul?. Mañá comprobo a luminosidade da imaxe no ordenador vello (co novo, un mac, non consigo datos suficientes de xeito doado). Agora ben, temo -e é máis ca unha impresión- que o balanzo de brancos, grises e negros é bastante correcto. A min xustamente a luz da foto é o que mías me gusta-- Lmbuga / Conversa comigo 00:26, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- Comentario Vou dar un argumento que me parece axeitado para votar en contra, pois cando vexo a imaxe, sinto sempre que algo falla. Eu penso que o encadre da toma non é o adecuado. Hai demasiado espazo á esquerda. A casa mira para a dereita e ese espazo que na esquerda sobra debería estar situado na dereita. Así a todo, inda que me parecería aceptable ese argumento para votar unha imaxe de calidade, considéroo excesdivo para votar unha imaxe da semana; pero a iso, se se aduce, non diría nada-- Lmbuga / Conversa comigo 00:34, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- Comentario Creo que mañá vou recortar a imaxe e facer unha nova proposta. Non me convence tal e como está. Mirarei o balanzo da luz-- Lmbuga / Conversa comigo 00:37, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- Comentario Non sei ler os niveis da curva tonal dunha fotografía. Sei que se está centrada é bo. Sei que debe ir baixando polo lateral esquerdo ata chegar a 0 no negro absoluto; o mesmo, no lateral dereito, pero referido ó branco absoluto. A curva tonal da imaxe está centrada, pero por mor da escuridade do día a zona dos brancos é moito máis estreita cá dos negros. Para variala teño que empregar Acdsee, pois ese programa indica -non sei se o fai ben- cando un se excede (os programas de Mac non o indican), é dicir, non indica cando un queima as cores por aclaralas de máis facendo que se perdan datos do obxecto que pasarán a non ser percibidos. Paso agora a abrir a imaxe con Acdsee e ver que di o programa. Creo que a imaxe se pode aclarar algo, pero tamén creo que se perde aclarando a intención do fotógrafo e que a expresividade da foto vai ser menor-- Lmbuga / Conversa comigo 17:52, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- Ó final fixen unha variación automática dos niveis da imaxe, deixei que o programa os axustase ó seu criterio. O resultado é case idéntico ó actual, lixeiramente máis claro. O resultado non me convence (agora si que a curva tonal se pasa no negro, pásase máis ca antes). Subino como Ficheiro:Casa en Iria Flavia, Padrón, Galicia.jpg. Déixoo estar un día e mañá subo a imaxe traballada manualmente. Agora si estou convencido de que a foto está escura, pero tamén estou convencido de que é unha intención artística bastante lograda-- Lmbuga / Conversa comigo 18:46, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- Comentario Vaites, as máis das imaxes miñas que son de calidade en Commons teñen tanto photoshop ou máis ca esa. Por certo, case tódalas miñas imaxes teñen photoshop (e máis ca photoshop), salvo que as considere mediocres.
- Estráñame que o usuario de Flickr usase moito photoshop. Abofé que co arquivo orixinal e photoshop o resultado sería mellor. Por certo, acabo de falar cun fotógrafo para comprar unha cámara nova, díxenlle a cámara e el respondeume entre outras cousas que para tirarlle partido a esa cámara tiña que dominar photoshop, mesmo me recomendou un libro que vale 70 euros. Curioso ¿non si?-- Lmbuga / Conversa comigo 20:41, 14 xaneiro 2010 (UTC)
- Comentario Esta imaxe foi rexeitada segundo as políticas. ¿A que se espera para actuar? Repárese nas datas e nas datas indicadas nas políticas para pechar a votación