Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Revolución de Outubro
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Revolución de Outubro editar
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 09-01-2015 - 08-02-2015
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 13:03 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 09-01-2015 ata o 08-02-2015.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO:Artigo moi completo e moi referenciado, sobre os sucesos que tiveron lugar durante o mes de outubro de 1917 en Rusia. --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 13:03 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 13:03 (UTC)[responder]
- Concordo--Gobraves (conversa) 10 de xaneiro de 2015 ás 18:16 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego_apc (si?) 14 de xaneiro de 2015 ás 23:46 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 25 de xaneiro de 2015 ás 13:30 (UTC)[responder]
- Concordo. Considero que o artigo está ben no seu conxunto (sen ser eu un experto en historia), xa expliquei a miña opinión sobre algún detalle sobre a introdución na páxina de conversa. --Miguelferig (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 13:41 (UTC)[responder]
- Concordo. Parabéns polo traballo. Piquito (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 16:46 (UTC)[responder]
- Concordo. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 20:33 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Agardar
# Agardar. Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2015 ás 13:54 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. O artigo é moi completo, mais léndoo atopei varias cousas que habería que mellorar, especialmente no que respecta á ortografía e lingua en xeral (algúns erros que vin xa os fun corrixindo eu, mais hai moitas seccións que lin sen conexión e polo tanto non as puiden ir corrixindo). Poño a continuación todo o que vin mellorable:
- No primeiro parágrafo de "Antecedentes" habería que explicar o que é un goberno soviético. Esto estaría relacionado co que Miguelferig apuntaba na páxina de conversa do artigo: creo que hai que contextualizar máis a situación nese momento explicando brevemente o que eran e como xurdiron os soviets´, amais de introducir brévemente a formación do Goberno Provisional, e a situación de Rusia a causa da I Guerra Mundial. Todo esto moi resumido, en tres parágrafos ou algo así. Amais engadiría a esta sección de "Antecedentes" os artigos principais da Revolución de Febreiro e o Goberno Provisional Ruso.
- Na última frase do terceiro parágrafo de "Antecedentes", cando fala do Comité central: refírese ao VTsIK?
- Non son moi entendido na materia, polo que me xurden dúbidas que o artigo non aclara porque non teño claro que se denomine sempre do mesmo xeito a todos os comités. O VTsIK é o mesmo que o Comité Central Volxevique?
- Na miña opinión, no segundo parágrafo da sección "Decisión do Comité central e falta de organización" habería que poñer un punto e aparte despois de o triunfo da revolución rusa e mundial lograríase con escasa loita. [30] para separar as opinións de Lenin e a situación do Goberno.
- No terceiro parágrafo da sección "Decisión do Comité central e falta de organización" di: decidiu concentrarse na substitución da dirección da maior cantidade posible de soviets, quen decidiu concentrarse neso? Máis adiante En parte a mobilización de forzas dos partidos radicais de esquerda en vésperas do Congreso debeuse aos persistentes rumores dunha posible contrarrevolución ou cancelación desta, que é o que se ía cancelar? O Congreso? A contrarrevolución? A revolución? Creo que hai que aclaralo, se é a contrarrevolución poñer a cancelación desta última.
- No terceiro parágrafo da sección "Preparativos do Goberno Provisional" di: Máis tarde o gabinete reuniuse e decidiu facer un chamamento á poboación para que apoiase as accións dos bolxeviques e deixase o seu trato ao Goberno, non debera levar un NON polo medio? Esto é: Máis tarde o gabinete reuniuse e decidiu facer un chamamento á poboación para que NON apoiase as accións dos bolxeviques e deixase o seu trato ao Goberno.
- Na sección "Debilidade do Goberno", ao principio di "ao medio día". Creo que habería que especificar, aínda que eu entendo que se trata do día 6 de outubro, para situar mellor ao lector. Outro caso é cando fala das 4:00 a.m., eu especificaría as horas e momentos do día cando non estean dentro dunha sucesión temporal, por exemplo: se no parágrafo anterior di que na mañán do 6 de outubro e no seguinte fala dun acontecemento ás 18 hrs xa se entende que é o mesmo día, pero se non di nada antes podería ser calquer día.
- No penúltimo parágrafo da "Toma do Palacio de Inverno" hai un punto e seguido e a frase que segue está incompleta.
- Unificar: hai veces que pon "León Trotski" e outras nas que pon "Lev" (creo que deberiamos poñer sempre "Lev", xa que o artigo é Lev Trotski e non "León", e rematado en i como no artigo (non lembro como aparecía escrito o apelido, mais se aparece con y mudalo para a forma do noso artigo). O mesmo pasa con todos os Consellos, que unhas veces aparecen todos con maiúsculas (Consello Tal Tal) e outras só a primeira (Consello tal tal), eu poría sempre todo con maiúsculas e sempre especificaría de cal deles se trata (o artigo fala como de tres ou catro consellos e non facelo creo que pode levar a equívocos). Tamén esto ocorre cos kadetes e cadetes; non sei se cando vai con k refírese ao mesmo que cando vai con c, mais de ser así habería que poñer sempre con k.
- Na sección "A extensión da Revolución" que quere dicir ao principio do segundo parágrafo con a parte setentrional do occidental? Trátase da parte setentrional da fronte occidental?
- Cando non só se pon unha data creo que habería que especificar se se trata do calendario xuliano ou do gregoriano, ou en tal caso poñer un aviso ao principio do artigo que diga algo así como "A non ser que se indique o contrario todas as datas que figuran neste artigo se corresponden co calendario gregoriano" (ou co que sexa).
- Eu poría o modelo {{Historia de Rusia}} ao principio do artigo, debaixo da caixa de información.
- Hai moitos erros ortográficos: emprego de tempos compostos, formas verbais incorrectas, puntuación ao meu ver pouco clara (para min faltan algunhas comas para darlle sentido a algunhas frases, por exemplo), concordancia de xéneros (aparecen moitos masculinos que logo se tornan en femininos e viceversa), hai restos do que parece unha tradución automática (en concreto aparece moitas veces leste onde debera aparecer este).
Non vou votar polo momento porque creo que aínda hai tempo de solucionar os erros, polo demais o artigo pareceume completo, pero con todo o que indico, especialmente cos numerosos erros de lingua, non o votaría para calidade. Síntoo, Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2015 ás 13:54 (UTC)[responder]
- Piquito
- O VTsIK é o Comité Executivo Central Panruso, que é o mesmo que o Comité Executivo Central de Todas As Rusias. O Comité central da sección antecedentes é o VTsIK.
- Xa unifiquei os Lev Trotski do artigo.
- O de {{Historia de Rusia}}, custoume, pero ao final conseguín poñelo debaixo da caixa de información. (sempre saía ao lado).
- Corrixidos os dous lestes que quedaban.
- Os cadetes non son os mesmos que os kadetes. Os primeiros son os militares, mentres que os segundos son os membros do PDC. Non teñen que ver nada entre eles.
- a parte setentrional do occidental refírese á fronte occidental, pero xa se di antes que se está falando da fronte: a retagarda da fronte norte, a parte setentrional do occidental e parte de Estonia e Letonia fixérono, eu o entendo ben así, pero se hai dúbidas pódese aclarar.
- Efectivamente esquecín de poñer a Vladímir Antónov-Ovséyenko antes de encabezou a marea de tropas que ocupou rápidamente a habitación e na toma do Palacio de Inverno. Xa está amañada a frase.
- En parte a mobilización de forzas dos partidos radicais de esquerda en vésperas do Congreso debeuse aos persistentes rumores dunha posible contrarrevolución ou cancelación desta -> refírese ao Congreso. Xa está corrixido.
- Máis tarde o gabinete reuniuse e decidiu facer un chamamento á poboación para que NON apoiase as accións dos bolxeviques e deixase o seu trato ao Goberno.
- Coloquei un pequeno aviso ao comezo do artigo indicando o das datas.
- Creo que o tema das horas si que está claro, xa que soe aparecer antes ou despois do día do que se trata. --AMPERIO (conversa) 26 de xaneiro de 2015 ás 16:38 (UTC)[responder]
- AMPERIO, na sección de "Antecedentes" entendo que fala de dous Comités Centrais (o do partido bolxevique e o VTsIK, é así? O primeiro caso o deduzo da frase viuse gravemente ameazada co repentino cambio de actitude de este en dúas cartas dirixidas ao Comité central do Partido bolxevique, mentres que na frase O Comité Central, asombrado pola nova postura, decidiu ignorar as esixencias de Lenin entendo que se refire ao VTsIK. Creo que se isto é así deberiamos mudar a VTsIK cando sexa o caso ou poñer sempre "Comité Executivo Central Panruso" para facilitar que o lector saiba sempre a de que se está a falar. Sigo pensando que se deberían poñer con maiúsculas todos os comités, conferencias, asembleas... ou o que sexa. Unha aperta! Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2015 ás 14:02 (UTC)[responder]
- No artigo cando se fala do Comité Central se refírese ben ao Comité Central do Partido Bolxevique ou ben ao Comité Central do Partido Social-Revolucionario segundo se estea a falar dun ou do outro, mentres que o VTsIK é o Comité Executivo Central de Todas as Rusias, que é outra cousa. Non creo que sexa necesario modificar todos os VTsIK xa que as primeiras veces que aparece o fai entre paréntese despois do C.E.C. Panruso. Son dous cousas distintas que non entendo por que provocan tanta confusión.--AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2015 ás 12:11 (UTC)[responder]