Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Che Guevara
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Che Guevara editar
Votación PECHADA: non aprobado
Período de votación: 6/5/2016 - 5/6/2016
SI: 4 — NON: 3 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: non aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 06-05-2016 ata o 05-06-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo destacado. Un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debe ter. Moi completo, ben referenciado e con abondosas imaxes.--Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]
- Concordo. --ArtaiGZ (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:43 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 11 de maio de 2016 ás 19:00 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 19 de maio de 2016 ás 15:17 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Cómpre traducir as citas. Por outra banda, estou de acordo co comentario de HombreDHojalata. --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2016 ás 15:19 (UTC)[responder]
- Discordo, polo que indican Norrin e HombreDHojalata, ademáis de precisar notas ó pé en varias das seccións (1.4) e unha ampliación da introdución (2.2). ☣Banjo tell me 20 de maio de 2016 ás 14:11 (UTC)[responder]
- Discordo aínda que me custou decidirme. O tema das citas segue igual e xa comentei que era algo importante. Tamén estou de acordo co que comentan outros usuarios.--AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2016 ás 15:11 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. Digo o mesmo que no caso dos Aborixes australianos. O artigo é unha vella tradución doutras Wikipedias. Debería quedar clara esa información de atribución ao comezo da páxina de conversa (cos correspondente {{traducido de}}) para non ter que somerxerse no historial para atopala. Como en case tódolos casos de traducións de artigos grandes de wikipedias grandes, co paso do tempo, os artigos de orixe evolucionaron e medraron moito máis que o noso, superándoo con creces. ¿Non habería que volver a tirar deles e incorporar todos eses contidos antes de poñerlle a etiqueta de excelencia? --. HombreDHojalata.conversa 10 de maio de 2016 ás 21:13 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Penso que os artigos da lista dos 1000 deberiamos tentar na medida do posible facelos artigos de calidade en lugar de artigos bos, xa que son os artigos supostamente máis importantes que debería ter unha enciclopedia (moitos da lista sobran e debería haber outros, canto menos en seccións como compositores, por exemplo). Este ademais debería resultarnos sinxelo porque hai moita bibliografía en castelán. De todos xeitos só é a miña opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de maio de 2016 ás 15:21 (UTC)[responder]
- Comentario creo que as citas deberían ir en galego, indicando nunha nota o texto orixinal na lingua que sexa. Entendo que sendo en castelán todos podemos entendelas, pero igual que non deixamos citas en inglés, ou calquera outra lingua, no corpo do artigo, debería facerse o mesmo con estas citas. Por outra banda, opino igual que Piquito en que os artigos da lista dos 1000, deberían intentar propoñerse para calidade máis que para bos, aínda que este pode ser un paso previo. --AMPERIO (conversa) 6 de maio de 2016 ás 23:36 (UTC)[responder]