Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Célula
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Célula editar
Votación PECHADA: non aprobado
Período de votación: 6/5/2016 - 5/6/2016
SI: 3 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: non aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:28 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 06-05-2016 ata o 05-06-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo que xa foi destacado, amplamente mellorado por varios usuarios. Conta con referencias, boas imaxes e está ben estruturado. É un dos 1000 artigos esenciais da Wikipedia. --Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:28 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --ArtaiGZ (conversa) 6 de maio de 2016 ás 11:44 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 1 de xuño de 2016 ás 21:11 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Penso que os artigos da lista dos 1000 deberiamos tentar na medida do posible facelos artigos de calidade en lugar de artigos bos, xa que son os artigos supostamente máis importantes que debería ter unha enciclopedia (moitos da lista sobran e debería haber outros, canto menos en seccións como compositores, por exemplo). Este ademais está en letra grosa, polo que é de moita importancia, polo que creo que con máis motivo deberiamos tentar facelo de calidade. Seguramente Miguelferig poida facer algo. De todos xeitos só é a miña opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de maio de 2016 ás 15:20 (UTC)[responder]
- Ben, a dicir verdade, con respecto ao comentario de Breogan2008, o artigo non é da miña autoría. O que máis traballou no artigo parece que foi o usuario Toliño. Cando eu engadín algunhas cousas o artigo xa tiña 54.000 bytes, e agora ten 54.800, é dicir, pouco máis; nesa engádega de 800 bytes contribuíron varias persoas entre elas eu, que, de todos modos, me limitei a traducir algunhas das imaxes, introducir ligazóns a outras páxinas e modificar pequenos detalles. Na miña opinión o artigo está ben, tendo en conta que debe ter un tratamento moi xeral, xa que é un tema xeral, pero quizais teña poucas referencias e se poidan mellorar algunhas pequenas cousas. Este artigo está ben, e hai outros artigos de calidade que mercerían tamén ese recoñecemento, como o da orixe da vida ou abioxénese, que foi reformado recentemente, aínda que algúns parágrafos non teñen referencias.--Miguelferig (conversa) 6 de maio de 2016 ás 15:34 (UTC)[responder]
- Corrixido, compañeiro.--Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 18:39 (UTC)[responder]