Wikipedia:Artigo destacado/febreiro 2013

Historia dos eslavos do sur. Despois da morte do mariscal Tito en 1980, e no medio dunha grave crise económica, as tensións entre os pobos do país medraron. Despois do ascenso de partidos nacionalistas ao poder en Serbia, dúas das súas repúblicas constituíntes (Eslovenia e Croacia) declararon a súa independencia en 1991, ás que seguirían Macedonia do Norte e Bosnia e Hercegovina o ano seguinte, non sen resistencia por parte de Serbia. En 1991 a tensión entre as diferentes repúblicas derivou no sanguento conflito coñecido como guerra de Iugoslavia.