White Light

Álbum de The Corrs

White Light (Luz Branca) é o sexto álbum de estudio da banda irlandesa The Corrs[1]. Supuxo o regreso da banda dez anos despois do álbum de estudio Home, e despois de ter levado a cabo sendos proxectos en solitario Andrea e Sharon.

White Light
Álbum de The Corrs
Gravación2015 (lanzamento: 27 de novembro de 2015, Europa)
Estudio(s)Estudios Westland Studios Dublín, Irlanda.
Duración47:54
Xénero(s)Pop, Electrónica, Folk, Celta
Selo(s)East West Records (Warner Music)
Producido porThe Corrs, John Shanks, Chris Young
Cronoloxía
Dreams: The Ultimate Corrs Collection (2006) White Light Jupiter Calling (2017)

Foi editado o 27 de novembro de 2015. O primeiro sinxelo é Bring On The Night[2]. En xaneiro de 2016 deu comezo a xira "White Light Tour" polo Reino Unido e Irlanda, que continuará en maio de 2016 por Alemaña, Austria, Suíza e de novo as Illas Británicas.

Cancións

editar
  1. I do what I like (Fago o que gusto)
  2. Bring on the night (Desata (fai saír) a noite)
  3. White Light (Luz branca)
  4. Kiss of life (Bico da vida)
  5. Unconditional (Incondicional)
  6. Strange Romance (Estraño romance)
  7. Ellis Island (Illa Ellis)
  8. Gerry's Reel (Reel de Gerry)
  9. Stay (Queda)
  10. Catch me when I fall (Cólleme cando caia)
  11. Harmony (Harmonía)
  12. With me stay (Comigo queda)

O título do álbum extráese dunha das súas cancións, "White Light", inspirada polo Club dos 27 (grupo de músicos populares que finaron á idade de 27 anos) e máis concretamente por Amy Winehouse[3]. O tema "Gerry's Reel" é unha cantiga instrumental que fai referencia a Gerry Corr, pai dos irmáns Corr, falecido en 2015. Por outra banda, Ellis Island fai referencia á Illa Ellis, preto da costa neoiorquina. Kiss Of Life foi co-escrita con Natasha Bedingfield e Unconditional con John Shanks.

Sinxelos

editar
  • Bring On The Night é o primeiro sinxelo de "White Light" e foi editado o 30 de outubro de 2015. O seu videoclip publicouse o 1º de decembro.
  • I do what I like é o segundo sinxelo de "White Light" e foi editado o 17 de febreiro de 2015.

Lista de vendas

editar
Posicións obtidas por White Light
País Lista Mellor
posición
América
  Canadá Canadian Albums
  Estados Unidos Billboard 200
  Brasil Chart Brasil
Asia
  Xapón Japan Albums
  Taiwán Taiwanese Albums Chart
Europa
  Alemaña German Albums Chart
  Austria Austrian Albums Chart
  Bélxica (Flandres) Ultratop 200 Albums 32
  Bélxica (Valonia) Ultratop 200 Albums 18
  España PROMUSICAE
  Francia French Albums Chart
  Irlanda Irish Albums Chart 10
  Italia Italian Albums Chart 74
  Países Baixos MegaCharts 17
  Portugal Portuguese Albums Chart
  Reino Unido UK Albums Chart 11
  Suíza Swiss Albums Chart
Oceanía
  Australia Australian Albums Chart
  Nova Zelandia New Zealand Albums Chart
iTunes
Mundo iTunes Global 9
  Reino Unido iTunes UK 10
  España iTunes Spain 9
  Xapón iTunes Japan 43
  Brasil iTunes Brasil 3
  1. "The Corrs anuncian disco de regreso". Jnsp (en español). 18 de setembro de 2015. 
  2. "The Corrs presenta nuevo single tras diez años inactivos". Antena 3. 20 de outubro de 2015. 
  3. The Corrs News. "Amy Winehouse inspired our new album". Twitter.