Wesley Johnson
Wesley JaMarr Johnson, nado o 11 de xullo de 1987 en Corsicana, Texas, é un ex-xogador e adestrador estadounidense de baloncesto profesional. Xogou na universidade para Syracuse e Iowa State. Foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Minnesota Timberwolves.[1][2] Actualmente traballa como asistente de desenvolvemento de xogadores para Los Angeles Clippers da NBA.
Los Angeles Clippers | |
Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Cargo | Asistente de desenvolvemento de xogadores |
Información persoal | |
Nacemento | 11 de xullo de 1987 (36 anos) Corsicana, Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Corsicana (Texas) |
Universidade | Iowa State (2006–2008) Syracuse (2009–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | 2010−2020 |
Historial de equipos | |
Minnesota Timberwolves (2010–2012) Phoenix Suns (2012–2013) Los Angeles Lakers (2013–2015) Los Angeles Clippers (2015–2018) New Orleans Pelicans (2018–2019) Washington Wizards (2019) Panathinaikos (2019–2020) | |
Premios e galardóns | |
2º Equipo de Rookies NBA (2011) |
Traxectoria profesional
editarWesley Johnson foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Minnesota Timberwolves. O 18 de marzo de 2011, Johnson fixo a súa mellor marca de anotación na derrota de Minnesota contra Los Angeles Lakers, con 29 puntos e 11 de 21 tiros.
O 27 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre tres equipos.[3]
O 15 de xullo de 2013, Johnson asinou cos Los Angeles Lakers.[4]
O 7 de febreiro de 2019, Johnson foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de Markieff Morris e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5]
O 22 de xullo de 2019, anunciouse a fichaxe de Johnson por unha tempada polo Panathinaikos BC grego.[6]
Notas
editar- ↑ "Dana O'Neil: Big East early season review – ESPN". Sports.espn.go.com. 23 de decembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ "Jay Bilas' Midseason All-American team – ESPN". Sports.espn.go.com. 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ "Suns Acquire Johnson and Pick, Trade Lopez and Warrick". NBA.com. 2012-07-27. Consultado o 2012-07-29.
- ↑ Lakers Sign Wesley Johnson
- ↑ "Wizards acquire Johnson from Pelicans". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ Panathinaikos announced the signing of Wesley Johnson
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 08 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)