Waldino Varela

sindicalista e político galego
(Redirección desde «Waldino Varela Martínez»)

Waldino Varela Martínez, nado en Teis (Vigo) en 1930 e finado en Vigo o 8 de agosto de 2022, foi un traballador metalúrxico, político e sindicalista galego.

Infotaula de personaWaldino Varela
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata
Teis, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 2022 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria sindical editar

Comezou a traballar como montador de instalacións xunto cun tío seu, de militancia anarquista, quen o introduciu á escoita de emisoras de radio clandestinas, como Radio Moscova Internacional ou Radio Pirenaica[1]. Aos 14 anos ingresou como aprendiz nos estaleiros Vulcano[2], onde entrou en contacto con traballadores procedentes da zona republicana e mesmo cristiáns concienciados da necesidade dun cambio social[3]. No estaleiro vigués, Waldino Varela e outros traballadores crearon o xermolo do que máis tarde serían as Comisións Obreiras, co obxectivo de infiltrarse no Sindicato Vertical e lograr distintas melloras laborais[4].

En 1972, con motivo dunha folga xeral que paralizou Vigo entre o 11 e o 26 de setembro dese ano[5][6], Waldino Varela foi despedido da súa empresa, igual ca outros case seis mil traballadores (finalmente, catrocentos)[5].

Tras a legalización dos sindicatos en 1977, Varela converteuase no primeiro secretario xeral de CCOO na provincia de Pontevedra. A súa militancia político-sindical valeulle formar parte da lista de persoas fusilables que manexaban os golpistas do 23-F[2].

Traxectoria política editar

No ámbito político, Varela foi militante do Partido Comunista e concelleiro en Vigo por esta organización na primeira corporación democrática, electa en 1979.[7]

Vida persoal editar

Os seus pais eran Santos Varela Gómez, patrón de costa natural da provincia de Lugo, e a traballadora da conserva Elodia Martínez Montenegro.[1] Nos anos cincuenta casou con Julia Domínguez, con quen tivo unha filla e un fillo.[1] Faleceu en Vigo o 8 de agosto de 2022, aos 92 anos de idade.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Querido e estimado compañeiro Waldino, que a terra che sexa leve". Faro de Vigo. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Morre o histórico sindicalista vigués Waldino Varela, a quen os golpistas do 23-F quixeron fusilar". Nós Diario. Consultado o 11 de agosto do 2022. 
  3. "O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia chora a un dos seus fundadores, Waldino Varela". Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2022. Consultado o 11 de agosto do 2022. 
  4. "Waldino Varela traballador. Memoria do movemento obreiro vigués". Youtube. Consultado o 9 de agosto do 2022. 
  5. 5,0 5,1 "“La huelga general de Vigo de 1972 fue el mayor éxito histórico de la clase obrera gallega”". elDiario.es. Consultado o 9 de agosto do 2022. 
  6. "Septiembre de 1972 sigue fresco en la memoria sindical de Vigo". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de agosto do 2022. 
  7. "Muere Waldino Varela, un referente en la lucha obrera de Vigo". Atlántico Diario. Consultado o 11 de agosto do 2022.