VGTRK ou, na súa forma completa, Vserossiiskaia gosudarstvennaia televizionnaia i radioveshchatelnaia kompaniia (ВГТРК ou Всероссийская государственная телевизионная и радиовещательная компания, en galego Compañía Estatal de Televisión e Radio Panrusa) é unha compañía estatal rusa de radiotelevisión organizada como empresa federal unitaria, dende 1998[1], con carácter comercial para exercer as funcións de produtor e distribuídor público de programas de radio e televisión. Estableceuse por decreto do Presídium do Soviet Supremo de Rusia o 14 de xullo de 1990[2].

VGTRK
Inicio das emisións 10 de decembro de 1990
Propiedade de Goberno federal ruso
País Rusia
Sede central Moscova

Na rede
http://vgtrk.com

Historia editar

 
Sede da GTRK Alania

O 21 de xuño de 1990 o Congreso dos Deputados do Pobo da RSFS de Rusia adoptou unha resolución sobre os medios de comunicación da república ordenándolle ao consello de ministros tomar as medidas necesarias para crear o Comité de Estado de Radio e a Televisión. O 14 de xullo de 1990 o Presídium do Soviet Supremo estableceu no seu canto a Compañía Estatal de Televisión e Radio Panrusa e designou como o seu primeiro presidente a Oleg Poptsov, antigo subdirector de Moskovskije Novosti.

As primeiras emisións foron o 10 de decembro de 1990[3] ao emitir Radio Rossii por algunhas horas ao día. O 13 de maio de 1991[4] comezou a emitir programas televisivos na primeira segunda canle, baixo o nome de RTR, durante seis horas ao día en tres bloques. O 16 de setembro de 1991 ocupou as frecuencias que deixara libre a segunda canle da Televisión Central Soviética ao deixar de emitir.

Servizos editar

Televisión editar

A VGTRK conta con catro canles nacionais principais, que emiten por satélite, cable e no primeiro múltiplex da televisión dixital, e que contan con canles adicionais que transmiten a programación con diferentes horas de atraso para asegurar a transmisión dos programas no horario axeitado nun estado con once fusos horarios.

Canles federais editar

 
Redactora e cámara realizando unha reportaxe para unha canle de televisón da VGTRK
  • Rossiia 1 é a canle de televisión insignia da compañía, emite principalmente información e mais entretemento. A canle principal transmite á parte europea de Rusia, 48 entidades constitutivas da Federación Rusa. Dende o 31 de decembro de 2018 hai outras 9 canles que transmiten a emisión con entre unha e nove horas de atraso sobre o horario de Moscova.
  • Rossiia K é unha canle que emite información cultural e programas educativos e musicais e que comezou as súas emisións o 1 de novembro de 1997. Conta con tres canles coa emisión en horario atrasado entre 2 e 7 horas.
  • Rossiia-24 é unha canle de información continua, con novas e reportaxes de Rusia e internacionais que comezou as súas emisións o 1 de xullo de 2006 e levou primeiro o nome de Vesti ata o 1 de xaneiro de 2010[5] cando o mudou para o actual.
  • Karusel é unha canle dedicada ao público infantil que se puxo en funcionamento o 27 de decembro de 2010 en colaboración coa canle Pervyi Kanal [6].
 
Furgoneta da VGTRK

Canles internacionais editar

  • RPR-Planeta é o servizo internacional da VGTRK que se dirixe principalmente á diáspora rusa e á poboación rusófona das antigas repúblicas da URSS. Implantouse o 1 de xullo de 2002[7] e a súa programación está composta principalmente por programas de Rossiia 1 e Rossiia K. A canle principal emite para Europa, e conta con outras tres: RPR-Planeta CIS, RPR-Planeta USA e RPR-Planeta Asia.
  • Karusel International é a versión internacional da canle Karusel, e que transmite para Europa, Estados Unidos, CIS e Asia.

Televisión dixital editar

Ademais de versións en alta definición das principais canles, a VGTRK baixo o nome de televisión dixital emite múltiples canles temáticas[8]:

  • Cinéma, filmes clásicos internacionais.
  • Doktor, programas de medicina.
  • FAN, dedicado a filmes e series de animación.
  • Istoriia, con programas de historia.
  • Komediia, series e filmes de comedia rusos.
  • Mama, dedicado á vida familiar e á crianza de nenos.
  • Moia Planeta, dedicado a programas de viaxes e aventuras.
  • Mult, con debuxos animados rusos para os cativos.
  • Mult Muzika, con cancións e debuxos.
  • Nastoiashchee Strashoe Televidenie, filmes de terror e misterio.
  • Nauka, dedicado ao mundo da ciencia, tanto rusa como internacional.
  • Russkiia Bestseller, series rusas populares.
  • Russkiia Detektiv, filmes policíacos rusos.
  • Russkiia Roman, filmes románticos.
  • Sarafan, canle familiar dedicado á comedia e ao humor.
  • T24, dedicado aos homes, con especial énfase no mundo militar e das armas.
  • Zhivaia Planeta, dedicado á vida salvaxe.

Canles rexionais editar

  • Moskva 24 (Moscova)
  • Moskva Doverie (Moscova)
  • 360° (óblast de Moscova)
  • 360° Novosti (óblast de Moscova)
  • Zapad 24 (Distrito Federal do Noroeste)
  • Lotos 24 (óblast de Astrakán)
  • Pervyi Krymskii (Crimea)
  • Krym 24 (Crimea)
  • Volgograd 24 (óblast de Volgograd)
  • Alania 1 (Osetia do Norte)
  • Kavkaz 24 (Distrito Federal do Cáucaso Norte)
  • NNTV (óblast de Nizhnii Novgorod)
  • Nizhnii Novgorod 24 (óblast de Nizhnii Novgorod)
  • Vtoraia Sadovaia (óblast de Saratov)
  • Samara 24 (óblast de Samara)
  • Bashkortostan 24 (Bashkortostán)
  • Cheliabinsk 24 (óblast de Cheliabinsk)
  • Region Sibir 24 (óblast de Tiumen)
  • Krasnoiarsk 24 (krai de Krasnoiarsk)
  • Iakutiia 24 (Sakha)
  • Vosktok 24 (Distrito Federal do Extremo Oriente)

Radio editar

Emisoras federais editar

  • Radio Rossii, a principal emisora pública rusa de radio, cunha programación variada, de carácter xeral.
  • Radio Maiak, dedicada á información, ao entretemento e á música.
  • Vesti FM, emisora informativa.
  • Kultura, emisora cultural que polo de agora só se difunde en Moscova, na frecuencia 91.6 de FM

Emisoras rexionais editar

  • En Moscova e na súa rexión, en colaboración con Moskva Media contra con tres emsoras rexionais:
    • Moskva FM, programación informativa e de entretemento.
    • Capital FM, información e música en inglés.
    • Radio Moskv, programación informativa e musical.
  • Noutras rexións conta coas emisoras:
    • Heart FM (Barnaul)
    • Volvograd 23 FM (Volvograd)
    • Radio Khroshego Nastroeniia (Khabarovsk)
    • Alania FM (Osetia do Norte)

Cadeas territoriais dependentes editar

Notas editar

  1. Estatutos da VGTRK (en ruso)
  2. Historia da VGTRK. vgtrk.com (en ruso)
  3. A. A. Sherelia (2000) Radiozhurnalistika. Universidade de Moscova
  4. Ellen Propper Mickiewicz e James R Shepley (1999) Changing Channels: Television and the Struggle for Power in Russia. Duke University Press, p. 97
  5. "Мnogolikaia Rossiia". Rossiiskaia Gazeta, 31 de decembro de 2009
  6. "Новый детско-юношеский телеканал "Карусель" начнет вещание 27 декабря". RIA Novosti, 20 de decembro de 2010
  7. "Начинает вещание некоммерческий канал "РТР-Планета"". podrobnsti.ua, 1 de xullo de 2002
  8. "Бренды" Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine., digitalrussia.tv
  9. "ВГТРК создала региональную телекомпанию в Севастополе". TASS. 19 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 05 de abril de 2020. 
  10. "В Крыму и Севастополе откроют отделения ВГТРК". Первый Крымский. 19 de xuño. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 05 de abril de 2020.