Vox Stellae

coro galego

Vox Stellae, antes coñecido como Coro de cámara Campus Stellae, creouse no ano 2002 co gallo dun ciclo de conferencias sobre a música do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela a cargo do musicólogo Xosé López Calo.

Vox Stellae
Tipocoro
Data de fundación2002
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Ademais dun labor de difusión, o coro realiza concertos abordando outros repertorios, desde o Gregoriano ata o Barroco fundamentalmente, sen descoidar a música do século XX e a creación musical en Galicia. Campus Stellae está incluído no Circuíto Cultural da Deputación Provincial da Coruña e a Axenda de Artistas de Galicia.

Os seus membros formáronse nos Conservatorios de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona e A Habana e colaboran habitualmente con formacións de gran prestixio: Coro da OSG, Capela Musical da Catedral de Santiago, Orfeón Terra a Nosa, Europachorakademie Stuttgart, Ludus Tonalis, Coro Eborae Musica, Camerata Ad Libitum, Coro da USC, Collegium Compostelanum, Capela Lauda Sion, Voces de Europa, Coro Filgueira Valverde, Coro da UEM, Coro da COACE…

En decembro de 2005 Campus Stellae actuou no Encuentro Coral Internacional de La Laguna, presentando un programa integramente adicado á música do Arquivo da Catedral de Santiago.

En 2006, entre outras actuacións, participou nos actos de consagración e inauguración da igrexa de Santiago de Arteixo, actuou na entrega das Medallas Castelao, outorgadas pola Xunta de Galicia, acto no que volveu participar en 2007. Actuou para a Comisión Delegada do Consello das Comunidades galegas no exterior.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar