Abrir o menú principal

O voo 38 de British Airways era un servizo entre o aeroporto de Pequín-Capital e o aeroporto de Londres-Heathrow. O día 17 de xaneiro de 2008 o Boeing 777-236ER que operaba a ruta esnafrouse ao principio da pista de Heathrow.[1][2][3] Non houbo vítimas mortais. Das 152 persoas a bordo, 47 tiveron feridas considerables, unha delas graves.[4] Foi a primeira vez que se daba de baixa un Boeing 777-200ER,[5][6] e a primeira perda dun Boeing 777.

Voo 38 de British Airways
BA38 Crash.jpg
O avión tras o accidente
Resumo
Data  17 de xaneiro de 2008
Causa  falta de combustible
causada por xeo
Lugar  aeroporto de Londres-Heathrow
Coordenadas  51°27′54″N 0°25′54″O / 51.46500, -0.43167Coordenadas: 51°27′54″N 0°25′54″O / 51.46500, -0.43167
Orixe  aeroporto de Pequín-Capital
Destino  aeroporto de Londres-Heathrow
Feridos  47
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 777-236ER
Operador  British Airways
Rexistro  G-YMMM
Pasaxeiros  136
Tripulación  16
Superviventes  152 (todos)

Cristais de xeo no combustible supostamente foron os causantes do accidente, obstruíndo o intercambiador de calor de aceite-combustible (FOHE) de cada motor. Este feito restrinxiu o fluxo de combustible aos motores que se demandou empuxe durante a aproximación final a Heathrow.[7] O Air Accidents Investigation Branch (AAIB) identificou o problema como específico dos intercambiadores de calor do motor Rolls-Royce, e Rolls-Royce posteriormente desenvolveu unha modificación paea os seus FOHE; a Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) obrigou a que todos os avións afectados fosen equipados coa modificación antes do 1 de xaneiro de 2011.[4][8]

AccidenteEditar

O voo 38 de British Airways é un servizo regular de pasaxeiros dende o aeroporto internacional de Pequín-Capital e o aeroporto de Londres-Heathrow, unha ruta de 8 100 quilómetros. O avión implicado no accidente era un Boeing 777-236ER de 150 toneladas, con rexistro G-YMMM, equipado con dous motores Rolls-Royce Trent 895-17.[9] O aparello voara por vez primeira o 18 de maio de 2001 e fora entregado a British Airways o 31 de maio dese ano. Tiña capacidade para 233 pasaxeiros.[4]

A ruta do voo 38 pasaba sobre Mongolia, Siberia e Escandinavia, a unha altitude que variaba entre os 34 800 e os 40 000 pés, e con temperaturas entre -65 e -74 °C.[4] Consciente das condicións de frío fóra, a tripulación monitorizou a temperatura do combustible, coa intención de descender a un nivel máis quente se había perigo de conxelación do combustible.[4] Isto non se revelou necesario, xa que a temperatura do combustible nunca caeu por baixo de -34 ° C, aínda moi por riba do seu punto de conxelación.

Aínda que o propio combustible non se conxelou, pequenas cantidades de auga no combustible si o fixeron. O xeo pegouse no interior das liñas de combustible, probablemente a través dos puntais que unían os motores ás ás.[4] Esta acumulación de xeo non tivo efecto ningún ata as últimas etapas da aproximación a Heathrow, cando se incrementou o fluxo de combustible e as temperaturas máis altas liberaron o xeo.[4] Isto formou unha capa de xeo suave que fluiu ata chegar aos intercambiadores de calor onde se conxelou novamente, causando unha restrición no fluxo do combustible cara os motores.[4]

O primeiro síntoma da restrición de fluxo de combustible foi notado pola tripulación a 220 m de altura a 3,2 km de distancia da pista, cando os motores fallaron repetidamente ao responder ás demandas de máis potencia do acelerador automático. Nun intento de manter a senda de planeo ILS, o piloto automático sacrificou velocidade, que se reduciu a 200 km/h aos 61 m.[1] O piloto automático desconectouse aos 46 m, cando o copiloto fíxose co control manual do avión.[4] Mentres tanto o capitán baixou a configuración dos flaps de 30 a 25 graos para baixar a resistencia do avión e alongar a distancia de planeo.[4][10]

O avión pasou sobre o tráfico da A30 e sobre a estrada perimetral do sur do aeroporto e aterrou na herba a uns 270 metros do principio da pista 27L.[4] O capitán declarou unha emerxencia ao control de tráfico aéreo segundos antes de tocar terra.[4]

Durante o impacto e a curta carreira en terra o tren dianteiro colapsou, o tren principal dereito separouse do avión, penetrando o tanque de combustible central e o espazo da cabina, e o esquerdo foi empurrado cara arriba a través da á. O avión parou no limiar da pista. Unha cantidade significativa de combustible saíu, pero non houbo ningún incendio.[1] Catro tripulantes e oito pasaxeiros tiveron feridas leves, e un pasaxeiro recibiu feridas graves.[1][2][3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "AAIB Bulletin S1/2008" (PDF). AAIB. Consultado o 2016-12-16. 
  2. 2,0 2,1 "Airliner crash-lands at Heathrow" (en inglés). 2008-01-17. Consultado o 2018-12-16. 
  3. 3,0 3,1 "Heathrow plane crash pilot 'lost all power' - Telegraph". web.archive.org. 2008-04-22. Consultado o 2018-12-16. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 "Informe do accidente" (PDF). AAIB. Consultado o 2018-12-16. 
  5. "Profile: Boeing 777" (en inglés). 2008-01-17. Consultado o 2018-12-16. 
  6. Branch, Air Accidents Investigation (2008-02-18). "Accident to Boeing 777-236, G-YMMM, at Heathrow Airport on 17 January 2008 - Initial Report Update". webarchive.nationalarchives.gov.uk (en inglés). Consultado o 2018-12-16. 
  7. "Safety Recommendation" (PDF). NTSB. Consultado o 2018-12-16. 
  8. "Boeing links Heathrow, Atlanta Trent 895 engine rollbacks". web.archive.org. 2009-02-07. Consultado o 2018-12-16. 
  9. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 777-236ER G-YMMM London-Heathrow Airport (LHR)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-05. 
  10. "BA crash inquiry reveals heroics" (en inglés). 2008-05-20. Consultado o 2019-01-05.