Vlado Goreski

pintor macedonio

Vlado Goreski Rafik (en macedonio, Владо Ѓорески - Рафик) nado en Bitola (Macedonia do Norte) o 21 de abril de 1958[1][2] é un pintor,escenógrafo, artista gráfico e deseñador de carteis teatrais macedonio.

Infotaula de personaVlado Goreski

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(mk) Владо Ѓорески Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Bitola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMacedonia do Norte Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1958 en Bitola, daquela Iugoslavia e hoxe Macedonia do Norte. Estudou na Facultade de Filosofía e Historia da Arte en Skopje, capital da Macedonia do Norte entre 1977e 1981; e despois, entre 1982 e 1987, na Academia de Belas Artes e Deseño en Liubliana, Eslovenia.[3][4]

En 1980, comezou coma voluntario e en 1981 xa traballaba como pintor-artista no Teatro Nacional de Bitola. En 1982, traballou como curador de arte contemporánea no Instituto, Museo e Galería de Bitola.

A súa primeira exposición individual foi en 1981 e, dende entón, participou en diversas exposicións individuais e colectiva no seu país e en centros mundiais de arte.

Tamén está presente nos eidos da crítica de arte, fundamentalemente da arte gráfica, sen descoidar outros aspectos artísticos. Tamén adoita participar como membro de xurados ou consultor experto.[5]

Ten recibidos numerosos premios internacionais de arte como na Exposición Bienal de Iași (Romanía) en 2017.[6]

Traballo editar

Dende 1994, Goreski é o director da Trienal Internacional de Arte Gráficas de Bitola, que é o evento artístico máis significativo dos Balcáns occidentais.[7]

Exposicións internacionais editar

Entre 2015 e 2020, ten participado en máis de cen exposicións de arte en moitos países do mundo, como por exemplo:

  • 2019, Avanti grafika! drugič / Avanti Graphic! #2, Liubliana.[8]
  • 2018-2019, Valvasorjevi mednarodni grafični dnevi, Eslovenia.[9]
  • 2018, 9ª edición, Prints for Peace-Grabados por la Paz, México.[10]
  • 2017, Splitgraphic, Croacia[11]
  • 2016, Mirror. Face to face; exposición de artistas italianos e macedonios, Bitola (Macedonia do Norte)-Vicenza (Italia)[12]
  • 2015, Slovenija Open to Art – Slovenija odprta za umetnost[13]

Libros editar

  • 2011, Agata Gertchen: grafika. Katowice: Akademia Sztuk Pięknych/Wydział Artystyczny ISBN 9788361424291

Galería editar

Notas editar

  1. "Vlado Goreski". howold.co (en inglés). Consultado o 12-5-2020. 
  2. Moreira Lopes, Paulo (13-3-2020). "Porto seen by Vlaro Goreski". correiodoporto.pt. Arquivado dende o orixinal o 19-08-2013. Consultado o 12-5-2020. 
  3. "vlado goresk". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2019. Consultado o 11 de maio de 2020. 
  4. catalogue
  5. International Triennial of Graphic Art, Bitola
  6. "Nominalizările și Premiile BIGC N-E, ediția a II-a, Iași, România 2017". palatulculturii.ro (en romanés). 2017. Consultado o 12-5-2020. 
  7. Triennial of Graphic Art Bitola, 2018
  8. "Avanti grafika! drugič / Avanto Graphic! #2". opafondacija.org (en esloveno). 15-6-2019. Arquivado dende o orixinal o 22-12-2019. Consultado o 12-5-2020. 
  9. "Valvasorjevi mednarodni grafični dnevi - odprtje pregledne razstave, grad Bogenšperk". lokalno.si (en esloveno). 19-9-2018. Consultado o 14-5-2020. 
  10. "9ª edición, xuño-xullo 2018". printsforpeacemexico.blogspot.com. 7-8-2019. Consultado o 14-5-2020. 
  11. "Vlado Goreski (Makedonija/Macedonia)". splitgraphic.hr (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08-06-2020. Consultado o 12-5-2020. 
  12. "mirror―face to face". mirrorvicenza.wixsite.com (en italiano). marzo-xuño 2016. Consultado o 12-5-2020. 
  13. "Sinji vrh 2015, Artworks". sinjivrh.wordpress.com (en inglés). 10-7-2015. Consultado o 12-5-2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar