Vladislav Illich-Svitych
lingüista soviético
Vladislav Markovich Illich-Svitych (en ruso: Владислав Маркович Иллич-Свитыч), nado en Kiev en 1934 e finado en 1966, foi un lingüista ruso, considerado como o fundador da lingüística comparativa dos idiomas que forman a superfamilia do Nostrático.
Vladislav Illich-Svitych | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1934 |
Kiev | |
Falecemento | 22 de agosto de 1966 |
Schiolkovo | |
Causa | atropelamento |
Soterrado | sen etiquetar |
Nacionalidade | Unión Soviética |
Alma máter | Philological Faculty of Moscow State University e Universidade Estatal de Moscova |
Ocupación | lingüista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Descendente de ucraínos, naceu en Kiev, pero máis tarde pasou a vivir en Moscova. Illich-Svitych resucitou a moi esquecida hipótese do Nostrático, orixinariamente exposta polo lingüista danés Holger Pedersen en 1903, quen cuñara o termo Nostrático. Malfadadamente faleceu, moi novo aínda, antes de poder completar o Dicionario comparativo das linguas nostráticas, ambiciosa obra, que, porén, foi continuada polos seus colegas.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |