Vladimír Brodziansky
baloncestista eslovaco
Vladimir Brodziansky, nado o 8 de maio de 1994 en Prievidza, é un xogador profesional de baloncesto eslovaco que xoga no UCAM Murcia da Liga ACB. Cunha estatura de 2,11 metros xoga na posición de ala-pivote.
UCAM Murcia | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1994 (30 anos) Prievidza, Eslovaquia |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Universidade | Pratt CC (2014–2015) TCU (2015–2018) |
NBA Draft | 2018 / Elección: Sen draftear |
Carreira | 2018−presente |
Historial de equipos | |
Obradoiro (2018–2020) Joventut Badalona (2020–2022) Bahçeşehir Koleji (2022) Partizan (2022−2023) Joventut Badalona (2023−2024) UCAM Murcia (2024−presente) |
Traxectoria
editarO 31 de xullo de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB por dúas tempadas.[1] Tras dúas tempadas en Santiago, Brodziansky decidiu executar a cláusula de rescisión do seu contrato.[2] O 1 de xullo de 2020, Brodziansky asinou un contrato de dous anos co Joventut Badalona.[3] Após dúas temporadas no Joventut, en 2022 asina co Bahçeşehir Koleji da Basketbal Süper Ligi.
Notas
editar- ↑ "O Monbus Obradoiro ficha a Vladimir Brodziansky". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018.
- ↑ "Vladimir Brodziansky comunica ao Monbus Obradoiro a rescisión do seu contrato". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2020. Consultado o 01 de xullo de 2020.
- ↑ ¡Vladimir Brodziansky, primer refuerzo de la Penya 2020/21!