A teoría vitalista ou vitalismo é a crenza pola cal se explica a orixe dos produtos naturais coa necesidade dunha "forza vital" para seren creados.

Historia e características editar

O vitalismo desempeñou un papel fundamental na historia da química[Cómpre referencia], posto que deu lugar á distinción básica entre substancias orgánicas e inorgánicas; a raíz da distinción de Aristóteles entre o reino mineral, o animal e o reino vexetal. A maioría dos libros de química orgánica nas súas introducións citan o feito da importancia da teoría vitalista na diferenciación da química orgánica da química inorgánica.

Desta teoría desprendíase que as reaccións que se dan no interior dun organismo non se podían producir fóra porque o organismo tiña catalizadores que no exterior non existían.

A teoría vitalista foi descartada polos resultados dos irmáns Buchner que colleron as células da léveda e obtiveron un extracto co cal eran capaces de transformar a glicosa en alcohol, fermentación alcohólica.

Outros experimentos coma a obtención de urea de Friedrich Wöhler a partir de compoñentes inorgánicos en 1828 contribuíron a abandonar esta teoría.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • WEININGER, S.J.; STERMITZ, F.R. Química Orgánica. Ed Reverté. ISBN.  (en castelán)
  • WADE, L.G. Química Orgánica. Ed Pearson.Prentice Hall. ISBN. (en castelán)