A virga é un trazo suplementario das nubes, consistente en ronseis de precipitación que se desprenden da súa zona inferior e non acadan a superficie da terra. Isto é debido a que a chuvia ou a neve que delas se desprende se evapora antes de chegar ao chan en presenza dunha capa de aire moi seco situada inmediatamente por embaixo da base da nube.

Virga pendurando dun nimbostratus. Neste xénero de nubes a virga é un trazo suplementario moi pouco habitual

A cor da virga vai depender do tipo de precipitación, indo do gris escuro (chuvia) ao branco (neve). Este particular fenómeno adoita suceder con nubes dos xéneros altocumulus ou altostratus. Mais raramente se pode observar con calquera outro tipo de nube que dea lugar a precipitación

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas

editar