Altocumulus
Os Altocumulus ou altocúmulos[1], abreviadamente Ac, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por ser un banco, capa delgada ou capa de nubes brancas ou grises, ou á vez brancas e grises, con sombras formadas por lousas ou masas redondeadas, as cales son ás veces parcialmente fibrosas ou difusas e que poden estar unidas ou non; a maioría dos elementos pequenos distribuídos regularmente presentan un largo aparente de entre 1º e 5º.
Características
editarAdoitan formar parte das frontes frías e das cálidas. Neste último caso, é frecuente que vaian mesturados nunha única capa con Altostratus, ocupando extensións de milleiros de quilómetros cadrados e indicando un próximo cambio de tempo. Ademais, con estas características, poden desprender algún tipo de precipitación, tipo virga ou orballo. Illados son sinónimos de bo tempo. Son nubes medias que se forman entre 3 e 7 quilómetros de altitude.
Especies
editar- Altocumulus stratiformis.
- Altocumulus lenticularis.
- Altocumulus castellanus.
- Altocumulus floccus.
Variedades
editar- Altocumulus translucidus.
- Altocumulus perlucidus.
- Altocumulus opacus.
- Altocumulus duplicatus.
- Altocumulus undulatus.
- Altocumulus radiatus.
- Altocumulus lacunosus.
Notas
editar- ↑ "altocúmulo". TERGAL. Consultado o 28/03/2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
- Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Altocumulus |