Altostratus
Os Altostratus ou altostratos[1], abreviadamente As, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterizan por constituíren unha lámina ou capa agrisada ou azulada, de aspecto estriado, fibroso ou uniforme, que cobre por enteiro ou parcialmente o ceo, como unha gran saba. Teñen partes delgadas dabondo que permiten distinguir vagamente o Sol. A diferenza dos Cirrostratus non producen halo.
Características
editarAdoitan ser o groso dunha fronte cálida e atopánse mesturados cos Nimbostratus na súa parte máis activa. Tamén poden formar parte da sección media e baixa dun Cumulonimbus. Sitúanse a entre 3 e 7 quilómetros de altura e o seu espesor varía entre 1 e 4 quilómetros. Asociados ás frontes cálidas adoitan orixinar chuvias ou nevaradas febles. Unha precipitación característica dos altostratos é a virga, precipitación líquida ou sólida que se evapora antes de chegar ao chan. Son nubes medias que se forman entre 3 e 7 quilómetros de altitude.
Especies
editarNon ten.
Variedades
editar- Altostratus translucidus.
- Altostratus opacus.
- Altostratus duplicatus.
- Altostratus undulatus.
- Altostratus radiatus.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
- Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas
editar- ↑ "altostrato". TERGAL. Consultado o 27/03/2019.