Vilasumil (Villasumile en dialecto ancarés[1] ou Villasumil oficialmente en castelán) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na comarca do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 11 habitantes[2]. A parroquia sufriu do mesmo xeito que a zona un proceso de despoboamento. O proceso de perda de habitantes en Vilasumil veuse dando desde o século XVIII, cando segundo Miñano a localidade tiña 161 habitantes. Un século despois segundo o reconto de Madoz, tiña 130 habitantes. En 1920, no censo feito por Mourille, a aldea tiña 119 habitantes[3]. A caída da poboación deuse a partir das décadas de 1950 e 1960, coas emigracións, a bisbarra baleirouse dos habitantes máis novos. O avellantamento, a falta de perspectivas de futuro e o réxime de tenencia da terra e os usos do chan son explicacións para o despoboamento de Vilasumil e outros lugares da zona[4].

Modelo:Xeografía políticaVilasumil

Localización
Mapa
 42°49′12″N 6°41′41″O / 42.820064, -6.694833Coordenadas: 42°49′12″N 6°41′41″O / 42.820064, -6.694833
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata

Lingua editar

Vilamil pertence ao ámbito lingüístico galego-berciano e os seus habitantes falan un dialecto do galego chamado ancarés[5].

Patrimonio editar

Vilasumil atópase situado nos Ancares. A arquitectura do lugar é a tradicional dos Ancares, casa feitas en cachotaría e como elemento principal: a lousa. A parroquia ten unha pequena igrexa románica, que ten en fronte unha fonte arrodiada de castiñeiros, a cal é considerada como a que dá a auga máis fresca da zona[6].

Existe un castiñeiro milenario coñecido como Catín situada en fronte da igrexa parroquial, e é a principal atracción turística[7]. Outro elemento salientable son as ruínas do antigo xerador eléctrico de Vilasumil, que permitiu á zona ter electricidade de fabricación propia moito antes cás demais parroquias da contorna[6]. Existen tamén os restos da antiga fábrica de cera.

Festas e costumes editar

Do mesmo xeito que no resto do Bierzo, en Vilasumil celébrase no outono o magosto, comendo castañas asadas acompañadas con bagazo e queimada. No inverno, tamén se celebra a matanza do porco durante o Nadal. Ademais, o 20 de marzo é a festa da Nosa Señora e o 25 de maio a festa de San Bernardo[7].

Notas editar

  1. "El sangrante caso de Ancares (acerca de la falsificación y del expolio de la toponimia leonesa II)", entrada de blog.
  2. INE.
  3. Población de Villasumil Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
  4. José Ignacio González Ramos, Joaquín González Vecín (1991). "El proceso de desarticulación de las bases económicas tradicionales y sus posibles alternativas en los Ancares Leoneses". Polígonos: Revista de geografía (1): 41–66. ISSN 1132-1202. Consultado o 19 de xullo de 2013. 
  5. Ricardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120.
  6. 6,0 6,1 Villasumil Arquivado 05 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. na web do concello de Candín.
  7. 7,0 7,1 Vilasumil (León) Arquivado 28 de maio de 2013 en Wayback Machine., pueblos-espana.org.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.