Vilar de Abade, Sorribas, Rois
Vilar de Abade é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE) en (2017) tiña 47 habitantes (22 homes e 25 mulleres).
Vilar de Abade | |
---|---|
Parroquia | Sorribas |
Concello | Rois |
Coordenadas | 42°48′29″N 8°40′50″O / 42.807949052755, -8.6805026177403 |
Poboación | 47 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarNa aldea existen 16 casas, das que están habitadas 12. É a aldea máis setentrional da parroquia, limítrofe co concello de Brión, a carón da parroquia de Bastavales e xunto ao río de Santa Cecía.
O topónimo fai referencia a un núcleo de poboación en relación cun abade, que podería indicar a antiga dependencia da localidade dun señorío eclesiástico.
Existen tres fontes: A Fonteíña, A Fonte de Abaixo (que secou tras unhas obras realizadas) e A Fonte da Mixirica. Tamén existe un lavadoiro. É unha aldea de carácter rural, con leiras adicadas á agricultura.
Na aldea esta ambientado o libro de Pere Tobaruela Catro pedras vellas (2017).
Lugares e parroquias
editarLugares de Sorribas
editarLugares da parroquia de Sorribas no concello de Rois (A Coruña) | |
---|---|
A Meana | Reibó | Seaxe | Sorribas | Tourís | Vilar de Abade |