Reibó, Sorribas, Rois

lugar da parroquia de Sorribas, no concello de Rois

Reibó é unha aldea pertencente a Santo Tomé de Sorribas, unha das 12 parroquias do concello de Rois que está formada por Reibó, Vilar de Abade, Tourís, Seaxe e Sorribas. A festa da parroquia é o 21 de Decembro (solsticio de inverno).

Reibó
ParroquiaSorribas
ConcelloRois
Coordenadas42°47′47″N 8°40′58″O / 42.796433924296, -8.6828122718808
Poboación33 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Está constituída por 11 casas, das cales 9 están habitadas formando un total de 24 persoas.

A aldea pertence a una parroquia con abundante patrimonio e de calidade: o vía crucis (doazón dun particular), a escola infantil (doazón das Xapiñas), a igrexa parroquial, túmulos funerarios que indican a presenza de xente importante.

Vista da aldea dende abaixo.

Etimoloxía

editar

Para o topónimo de Reibó hai unha interpretación etimolóxica que o identifica cun deus celta e aínda que algúns críticos atribúen ao desexo nacionalista de crear unha orixe celta.

Outra teoría considera que este radical rew significaría río, fluír e que rew + i sería río divinizado.

Esta mesma mesma raíz, rew, tamén de conserva no irlandés e no galés, se ben con significado diferente: espazo.

Antigamente aparecía escrito nos documentos como rioboo > riobó e pensabas que o actual Reibó sería resultado dunha pronuncia alterada.

Resultaría de explicar a súa evolución partindo dos étimos latinos rivus + bonus.

Outra explicación posible sería a partir do étimo latino regis > rei, pero topónimos como Outeiro de Rei ou Palas de Rei poñen en dúbida esta orixe, pois o lóxico sería Outeiro do Rei, Palas ou máis ben pazo do rei. De aí que algúns críticos pensen na raíz rew: río, espazo.

Patrimonio e historia

editar

Para chegar a esta aldea, a 3 quilómetros de Sorribas, é preciso cruzar a Ponte da Bouza, subir pola volta do rueiriño e chegamos á eira da Noira onde, antigamente, realizaban as mallas. Esta eira deixou de existir ao realizarse a concentración parcelaria. Dende alí pódese observar unha panorámica das casas que compoñen esta aldea e das que chama a atención a casa do vello José Ramón, de quen contan que sufriu o asalto de Pepa a Loba, quen na súa fuxida berraba: ¡matadlo que tiene dos curas como hermanos y puede ser muerte para nosotros! Trátase, esta, da casa máis rica da aldea e a única que tiña fonte propia. As demais casas servíanse ou ben do rego de Cabanelas ou da fonte de Patiño. A aldea está situada ao pé do monte da Cabana, onde os veciños levaban a pastar o gando e onde se encontran lugares como o campo das cordas ou o coto dos dous homes. Tamén no monte se encontra o coto dos mozos, cova natural de difícil acceso onde din que se agochaban os homes no tempo da guerra. Esta cova ten unha entrada difícil de atopar e forma dentro unha eira rodeada de pedra cun burato enriba. Na aldea aínda queda o que fora a casa das tecelás e os restos dun pombal. Os vellos tamén falan dunha fonte que botaban pitiños, así como do lugar da Porteliña por onde se comunican coa aldea veciña (Vilar de Abade), lugar no que adoitaba aparecerse a Santa Compaña.

 
Fonte da aldea

Para poder moer as colleitas contaban con dous muíños, o muíño do Queiro (o muíño de arriba) e o de Redondelo (o muíño de abaixo), os dous no río que da nome á aldea e que a separa do resto da parroquia. Un río que, ademais de contar con moitos muíños ao longo do seu traxecto, sempre foi rico en troitas. Limitando con Sorribas tamén quedan os restos dunha antiga mina, da que permanece vivo o recordo do asasinato dun bebé. Esta mina era de moito antes da guerra.

Para rematar, dicir que o camiño polo que hoxe en día se accede da igrexa a Reibó coincide na súa totalidade co camiño sacramental.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sorribas

editar
Lugares da parroquia de Sorribas no concello de Rois (A Coruña)

A Meana | Reibó | Seaxe | Sorribas | Tourís | Vilar de Abade

Parroquias de Rois

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María)