Victor Grignard
Francois Auguste Victor Grignard, nado en Cherburgo o 6 de maio de 1871 e finado en Lión o 13 de decembro de 1935, foi un químico e profesor universitario francés, máis coñecido como Victor Grignard. En 1912 recibiu o Premio Nobel de Química.
Nome orixinal | (fr) François Auguste Victor Grignard |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de maio de 1871 Cherbourg, Francia |
Morte | 13 de decembro de 1935 (64 anos) 7th arrondissement of Lyon, Francia (en) |
Lugar de sepultura | Q66689936 |
Residencia | Francia |
Educación | Faculté des Sciences de Lyon (en) |
Director de tese | Philippe Barbier |
Actividade | |
Campo de traballo | Química orgánica e química |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | University of Lyon (en) (1929–) École supérieure de chimie, physique, électronique de Lyon (pt) (1919–) Université de Nancy (en) (1909–) University of Franche-Comté (en) (1905–) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Charles Hippolyte Courtot (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Augustine Marie Boulant (1910–) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.230) |
Traxectoria
editarFillo dun obreiro dos estaleiros de Cherbourgo, Victor Grignard estudou na Facultade de Ciencias da Universidade de Lión. Alcanzou o grao de Doutor en Ciencias en 1901, sendo profesor de química na mesma universidade ata 1909. De 1910 a 1919 ensinou na Universidade de Nancy, volvendo novamente á de Lión, onde ensinaría de 1919 a 1935.
Durante a primeira guerra mundial foi mobilizado e encargado da vixilancia das vías férreas, antes de participar na procura de gases militares (fosgeno e o gas mostaza) e explosivos.
Investigacións científicas
editarO seu descubrimento máis importante foi o dos compostos organomagnesianos, chamados reactivos de Grignard. Este descubrimento proporcionou á química orgánica un método novo de síntese que se coñece co nome de reacción de Grignard.
En 1912 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polos seus estudos na química dos alcois mediante a reacción Grignard. A outra metade do premio recaeu en Paul Sabatier polo seu método de hidroxenación de compostos orgánicos en presenza de metais.
O 7 de xuño de 1926, foi elixido membro non residente da Academia de Ciencias francesa.
Baixo a súa dirección e con grandes achegas súas, foi editado o Traité de chimie organique (Tratado de química orgánica, 23 vols., 1935-1954).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1912 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel(en inglés)
- Perfil de Victor Grignard en NNDB (en inglés)
Predecesor: Marie Curie |
Premio Nobel de Química 1912 con Paul Sabatier |
Sucesor: Alfred Werner |