Vicente Martínez de la Riva
Vicente Martínez de la Riva Andrés, nado en Santiago de Compostela en 1808 e finado na mesma cidade o 13 de xuño de 1889,[1] foi un médico, profesor, escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1808 Santiago de Compostela, España |
Morte | 13 de xuño de 1889 (80/81 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , profesor universitario |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFilo de Ángel Martínez de la Riva que procedía de Ortigosa de Cameros e emigrou a Compostela, onde exercía como "comerciante mayorista con giro". Vicente estudou medicina e foi catedrático de anatomía da Universidade de Santiago de Compostela e decano da facultade de Medicina da USC. Foi director do Hospital de San Roque. Foi un dos socios máis destacados da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago na que desempeñou os cargos de vicesecretario (1844-1850), secretario (1850-1861), vicedirector (1865-1867), director (1867 e 1871-1873) e dende 1873 censor da Xunta de Oficiais.[2] Foi fundador e primeiro presidente do Museo Histórico-Arqueolóxico da Sociedade de Amigos do País.[3] Foi concelleiro e alcalde de Santiago de Compostela en 1870,
En 1864, no Congreso Agrícola convocado pola Sociedade Económica de Amígos do País sobre o sistema foral, xunto con Luís Rodríguez Seoane, Paz Novoa e Montero Ríos promoveu unha moción para que as deputacións galegas financiasen a elaboración da Historia de Galicia de Manuel Murguía.[4] Foi promotor da Exposición Rexional celebrada en Santiago de Compostela no ano santo de 1875. Colaborou en Gaceta de Galicia e Galicia Diplomática.
Obras
editar- Discurso leído en la Universidad de Santiago en la solemne inauguración del curso acadèmico de 1869 a 1870, 1869.[5]
Vida persoal
editarCasou con Leocadia Vilar Calderón e foi pai de Ángel Martínez de la Riva Vilar.
Notas
editar- ↑ El Correo Gallego, 15-6-1889, p. 1.
- ↑ Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, 30-9-1889, p. 3-4.
- ↑ Galicia Diplomática, 16-6-1889, p. 8.
- ↑ Barreiro, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-425-7.
- ↑ Discurso en Galiciana
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Caballero Wangüemert, Félix (2018). "Los cameranos que fundaron la banca compostelana" (PDF). Belezos (36): 16–23.