Vicente Arias de la Maza
Vicente Arias de la Maza, nado en Santiago de Compostela o 6 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 5 de marzo de 1963, foi un avogado galego.
Vicente Arias de la Maza | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1873 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 5 de marzo de 1963 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Fillos | Carmela Arias e Joaquín Arias Díaz de Rábago |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de José Arias Armesto e María Teresa de la Maza Agar e curmán de Pedro Barrié de la Maza. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 foi nomeado secretario da Xunta de Obras do Porto da Coruña, posto no que permaneceu até 1928. Nese ano trasladouse a Cataluña como secretario da Xunta de Obras do Porto de Barcelona. Ao estalar a sublevación do 18 de xullo de 1936 quedou atrapado en Cataluña. Mantivo o seu posto de secretario durante os anos da guerra, e realizou actividades de espionaxe para o bando franquista. Dous dos seus fillos, José María e Vicente, alistados no exército de Franco, morreron na guerra, polo que a súa nai recibiu as correspondentes “Medallas de Sufrimiento por la Patria”. Vicente Arias tamén recibiu recoñecemento polo seu labor na quinta columna de Barcelona. Ao rematar a guerra continuou no mesmo posto dous anos até que se xubilou anticipadamente e retornou á Coruña a finais de 1941.
Vida persoalEditar
Casou en Santiago de Compostela con Carmela Díaz de Rábago Aguiar o 16 de xullo de 1911, e foi pai de Joaquín e Carmela Arias Díaz de Rábago.