Verner von Heidenstam
Carl Gustaf Verner von Heidenstam, nado en Olshammar o 6 de xullo de 1859 e finado en Estocolmo o 20 de maio de 1940, foi un escritor sueco.
André Gide | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de xullo de 1859 |
Olshammar ![]() | |
Falecemento | 20 de maio de 1940 (80 anos) |
Estocolmo ![]() | |
Soterrado | Övralid |
Nacionalidade | Suecia |
Etnia | Suecos |
Ocupación | escritor, poeta e pintor |
Pai | Gustaf von Heidenstam |
Cónxuxe | Emilie von Heidenstam, Olga Wiberg e Greta Sjöberg |
Fillos | Nils Belfrage |
Xéneros | Poesía, novela |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Honorary doctor of the Heidelberg University, Grande Prémio dos Nove e Medalha Goethe de Arte e Ciência |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O seu intento de ser artista levouno a estudar pintura na Academia de Estocolmo, estudos que deixou ao pouco tempo para iniciar unha extensa viaxe por Europa, África e Oriente. A súa obra Vallfart och vandringsar (Anos de peregrinación e vagabundeo, 1888), unha colección de poemas líricos que foron baseados nas súas vivencias durante o seu percorrido no Oriente, sinalou o seu comezo de disidencia co naturalismo.
O seu amor por beleza reflíctese en Hans Alienus (1892), unha novela alegórica. Dikter (Poemas, 1895) e Karolinerna (Os soldados de Carlos, 2 vols., 1897-1898), unha novela histórica, levan nas súas páxinas a mesma paixón nacionalista que na das súas demais obras.
Pola súa obra Nya Dikter, publicada en 1915, un volume de poemas líricos, fóiselle outorgado o premio Nobel de Literatura en 1916.
Obra publicadaEditar
- 1888: Från Col di Tenda till Blocksberg
- 1888: Vallfart och vandringsår
- 1889: Renässans
- 1889: Endymion
- 1892: Hans Alienus
- 1895: Dikter
- 1897-1898: Karolinerna
- 1900: Sankt Göran och draken
- 1901: Heliga Birgittas pilgrimsfärd
- 1902: Ett folk
- 1904: Skogen susar
- 1905-1907: Folkungaträdet, 2 volums
- 1910: Svenskarna och deras hövdingar, assaig
- 1915: Nya dikter
- 1941: När kastanjerna blommade, obra pòstuma
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Verner von Heidenstam |