Pär Lagerkvist

escritor sueco

Pär Fabien Lagerkvist, nado en Växjö, Småland o 23 de maio de 1891 e finado en Estocolmo o 11 de xullo de 1974, foi un escritor sueco, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1951. Cultivou poemas, obras de teatro, novelas, contos e ensaios. A súa obra caracterízase polo pesimismo, a anguria, a indagación da natureza humana e as constantes alusións á morte.

Pär Lagerkvist
Nobel prize medal.svg
Lagerkvist.jpg
Nome completoPär Fabian Lagerkvist
Nacemento23 de maio de 1891
 Växjö, Småland
Falecemento11 de xullo de 1974
 Estocolmo
SoterradoLidingö kyrkogård
NacionalidadeSuecia
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Uppsala
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, ensaísta, guionista, autobiógrafo e escritor
CónxuxeKaren Sørensen e Elaine Lagerkvist
FillosBengt Lagerkvist e Ulf Lagerkvist
XénerosPoesía, novela, conto, teatro, ensaio
PremiosPremio Nobel de Literatura, Grande Prémio dos Nove, honorary doctor of the University of Gothenburg e Prémio Bellman
Na rede
IMDB: nm0481243 Musicbrainz: 656ed727-57cf-4e70-9b7b-100da4d9aff9 Find a Grave: 6858 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pär Lagerkvist naceu en 1891 no seo dunha familia campesiña da provincia de Småland, na cidade de Växjö. Os seus pais eran de educación tradicionalista, con profundas bases relixiosas na fe cristiá. De 1910 a 1912 estuda arte e literatura na Universidade de Uppsala.

O seu interese pola arte lévao a viaxar a París, onde estuda arte e coñece o movemento cubista e expresionista.

Durante a primeira guerra mundial, viviu en Dinamarca; alí escribiu a súa primeira obra teatral en 1917, chamada Sista människan, así como Ångest, libro de poesía fortemente inspirado na guerra.

Ao seu regreso a Suecia, en 1919, convértese en crítico de teatro en Estocolmo, onde escribe numerosos ensaios en prensa. Ao mesmo tempo, continúa a súa obra literaria, que lle carrexaría unha grande aceptación entre o público e unha non menor influencia na literatura do seu país.

En 1940 sería nomeado membro da Academia Sueca. Ese mesmo ano recibe o título de Doctor Honoris Causa pola Universidade de Gotemburgo, e en 1951 gaña o Premio Nobel de Literatura.

Falece o 11 de xullo de 1974 en Danderyd, preto de Estocolmo.

ObraEditar

A obra de Lagerkvist caracterízase por unha forte calidade expresiva, influencia que adquiriu quizais en París, onde coñeceu o movemento expresionista. Aborda temas principalmente relacionados coa problemática do ben e do mal, que se reflicten nunha obra cargada de pesimismo, ansiedade, crueldade, e en ocasións de moralidade relixiosa.

Entre os temas centrais da súa obra está a cuestión fundamental do ben e do mal, que o autor examinou a través de figuras como o verdugo medieval, Barrabás, e o xudeu errante. Na súa moral, usou motivos e figuras da tradición cristiá sen seguir as doutrinas da Igrexa.

Listado de obras:

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar