Venecias

Obra de Paul Morand

Venecias[1] (en francés: Venises, é unha obra literaria do académico francés Paul Morand que foi publicada por vez primeira en 1971 pola Editorial Gallimard. A extensión é algo superior a 200 páxinas.[2]

Venecias
Título orixinalVenises
Autor/aPaul Morand
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia Editorial Gallimard
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Francia 1971
Galicia 2012
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas176
ISBNISBN 978-84-939647-3-3
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.[1]

Características editar

O libros, escrito na última etapa creativa do autor, ten como referente a cidade de Venecia vista a ollos de Morand. Trátase dun libro clásico, con multitude de referencias e digresións. É un relato novelado en primeira persoa que recolle o espírito dunha cidade acompañada dos seus pazos e mansións, dunha vida de alta sociedade, e diversas narracións doutras viaxes (a Londres, a París, a Moscova etc.) das que o autor dá conta con detalle. É, segundo a crítica, o testamento literario deste polémico autor en lingua francesa asociado decote co réxime de Vichy, co que tivo trato.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Venecias. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-3-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Ficha do libro Venises de Paul-Morand (en francés)
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  4. Paul Morand: the politics and practice of writing in post-war France de Kimberly Philpot van Noort.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar