Varlaam Sheptytskyi

Varlaam Sheptytskyi (en ucraíno: Варлаам Шептицький; en polaco: Barlaam Szeptycki), nado como Vasyl Sheptytskyi (en ucraíno: Василь Шептицький; en polaco: Bazyli Szeptycki) o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi (hoxe Ucraína) e finado o 5 de abril de 1715, foi un eclesiástico greco-católico, bispo de Lviv dende 1710 até o seu pasamento.

Варлаам Василь Шептицький
(Varlaam Vasyl Sheptytskyi)
Bispo da Igrexa católica bizantina ucraína
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1647
Pasamento5 de abril de 1715
Ordes
Consagración episcopal15 de xuño de 1710, por Yurii Vynnytskyi
Bispo de Lviv
1710 - 1715
PredecesorYosyf Shumlianskyi
SucesorAtanasii Sheptytskyi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Vasyl Sheptytskyi naceu o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi, fillo de Oleksandr Zakharii Sheptytskyi e de Eva, de apelido de solteira Litynskyi.[1] Foi educado nunha escola católica, e en 1664 entrou no skit de Maniava onde foi tonsurado monxe e tomou o nome de Varlaam.[1] O 26 de febreiro de 1668 foi elixido arquimandrita do mosteiro de Univ, e dita elección foi aprobada polo rei Xoán II Casimiro o 19 de marzo.[1] En 1701 foi abade do mosteiro de Vitsyn.[1] Foi amigo do voivoda Adam Mikołaj Sieniawski.[1]

Xunto ao bispo Yosyf Shumlianskyi participou activamente a prol da Unión de Brest na eparquía de Lviv. Tomou parte no coloquio de Lublin de 1680, e o 26 de marzo de 1681 fixo unha confesión de fe católica xunto con outros sacerdotes no Sejm.[1]

Foi elixido bispo de Lviv o 21 de xaneiro de 1710, e o 15 de xuño foi consagrado polo metropolita Yurii Vynnytskyi.[1] Finou o 5 de abril de 1715 e foi enterrado na catedral de san Xurxo de Lviv.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Мицько, Ігор (1998). Святоуспенська Лавра в Уневі (кінець ХІІІ ст. – кінець ХХ ст.). Lviv: Свічадо. p. 120.