Atanasii Sheptytskyi
Atanasii Sheptytskyi (en ucraíno: Атанасій Шептицький; en polaco: Atanazy Szeptycki; en belaruso: Атанасій Шаптыцкі), nado c. 1686 en Voshchantsi (Voivodato de Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 12 de decembro de 1746 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1729 até a súa morte.
Атанасій Шептицький (Atanasii Sheptytskyi) | |
---|---|
![]() | |
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 1686 |
Pasamento | 12 de decembro de 1746 en Lviv, Voivodato de Rutenia, Polonia |
Ordes | |
Consagración episcopal | 13 de setembro de 1715, por Lev Kyshka |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus | |
1729 - 1746 | |
Predecesor | Lev Kyshka |
Sucesor | Floriian Hrebnytskyi |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Traxectoria Editar
Naceu en 1686 en Voshchantsi nunha familia nobre.[1] En 1703, pola influencia do seu tío, Varlaam Sheptytskyi, entrou no noviciado dos basilianos no mosteiro de Univ, onde Varlaam era arquimandrita.[1] Na vida relixiosa tomou o nome de "Atanasii". Posteriormente estudou filosofía e teoloxía no seminario pontificio de Lviv que levaban os teatinos, onde foi ordenado sacerdote en 1710.[1] Posteriormente, en 1713 foi nomeado el mesmo arquimandrita de Univ.[1]
En 1715 foi nomeado bispo de Lviv, recibindo a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do metropolita de Kíiv Lev Kyshka.[1]
O 1 de marzo de 1728 foi elixido arcebispo coadxutor de Kíiv, converténdose o 17 de agosto de 1729 en metropolita.[1]
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Varlaam Sheptytskyi |
Bispo de Lviv 1748 - 1779 |
Sucesor: Lev Sheptytskyi |
Predecesor: Lev Kyshka |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1729 - 1746 |
Sucesor: Floriian Hrebnytskyi |