Varg Vikernes
Louis Cachet[1], nado co nome de Kristian Vikernes en Bergen o 11 de febreiro de 1973, coñecido popularmente como Varg Vikernes, é un músico, escritor e blogueiro noruegués. No 1991 fundou o proxecto musical Burzum, considerado coma un dos máis coñecidos do black metal noruegués.[2][3][4] Tres anos máis tarde foi encarcerado e cumpriu 14 anos de condena.
Varg Vikernes | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Kristian Larsson Vikernes |
Data nacemento | 11 de febreiro de 1973 |
Nado en | Bergen |
Cónxuxe | Marie Cachet (m. 2007) |
Fillos | 7 |
Ocupación | Músico, escritor, deseñador de xogos |
Xénero | Black metal, ambiental |
Instrumento(s) | Voz Guitarra Sintetizador baixo Batería |
Relacionado con | Burzum Mayhem Old Funeral Darkthrone Uruk-hai |
Pseudónimo | Count Grishnackh |
Na rede | |
http://www.burzum.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Vikernes pasou parte da súa infancia en Iraq. Interesado na música dende unha idade temperá, comenzou a tocar a guitarra aos 14 anos e formou a súa primeira banda, Kalashnikov, nos dous anos seguintes.[5] No 1992, el e máis outros foron acusados de queimar varias igrexas cristiás en Noruega. Cara 1993, xa tiña publicados catro álbums con Burzum e con outra banda, Mayhem. En agosto de 1993, Vikernes foi arrestado e acusado do asasinato do guitarrista de dita banda, Euronymous. En maio de 1994, atopárono culpable do asasinato e da queima de igrexas, sendo sentenciado a 21 anos de cárcere. Vikernes declarou que matou a Aarseth en defensa propia e que é inocente da queima de igrexas, aínda que si o apoiou. Durante a súa estadía en prisión, Vikernes afiliouse ao Heathen Fronts, publicou escritos sobre paganismo e publicou dos álbums ambientais como Burzum.[6] Tras servir 14 anos da súa sentenza, Vikernes foi liberado no 2009.[7][8] Dende entón, cambiou o seu nome legalmente a Louis Cachet para evitar dificultades aínda que segue a ser coñecido como Varg Vikernes na vida diaria.[9]
Despois de saír do cárcere, Vikernes asentouse coa súa dona e máis os seus fillos en Francia, onde continúa a publicar música e libros. Gravou seis álbums antes de anunciar a súa retirada de Burzum no 2018. Comezou o seu blog e canal de YouTube, chamado Thulean Perspective, no 2013. Nel promociona o "Odalismo" baseado no nacionalismo e na readopción dos valores e as crenzas europeas, así coma elementos do paganismo.[10] Tamén se declara ambientalista, a favor da permacultura e supervivencialista.[11][12][13]
NotasEditar
- ↑ "Vikernes skylder fortsatt millioner for nedbrente kirker i Norge" (en Norwegian). Aftenposten. Consultado o 16 de xullo de 2013.
- ↑ Patterson, Dayel (20 July 2016). "20 of the best black metal albums from the 1990s". Team Rock.
- ↑ Hopper, Jessica (29 August 2013). "The Complicated Appeal Of Black Metal". Buzzfeed.
- ↑ Sigel, Zack (7 August 2015). "Are Music Streaming Services Doing More Harm Than Good To The Metal Community?". VH1.com.
- ↑ "Varg Vikernes – A Burzum Story: Part I – The Origin And Meaning". Burzum.org. Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ Goodrick-Clarke 2003: 204
- ↑ "Varg Vikernes ute på prøve". Verdens Gang (en noruegués) (Oslo, Norway). NTB. 10 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 10 March 2009. Consultado o 10 de marzo de 2009.
- ↑ "Ute av fengsel". Dagbladet.no (en Norwegian). 22 May 2009. Consultado o 23 May 2009.
- ↑ Vikernes, Varg (6 de febreiro de 2014). "Some Facts about Varg Vikernes & his Case". Thulean Perspective. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ Vikernes, Varg (31 July 2013). "Why Ôðalism?". Thulean Perspective. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016.
Ôðalism is in the strictest sense an ideology based on blood (of the native population) and soil (the homeland of the native population); protecting, promoting and if necessary reviving the customs, traditions, world view, values and religion that naturally came from each particular population in their homeland.
- ↑ Burzum & Varg Vikernes. (Entrevista). MetalKings.com. March 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015.
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=SOznP1RDGMo
- ↑ "Lord of Lies: Part XIII - On how Negroes became Fair-Skinned, Blue-Eyed and Blond in Europe". Burzum.org. 29 de decembro de 2012.