Burzum

grupo de black metal dun só membro

Burzum foi un proxecto musical de black metal formado en 1991 polo músico noruegués Count Grishnackh (sic, cuxo nome real é Varg Vikernes). Está considerado coma un dos proxectos impulsores do black metal noruegués a comezos da década de 1990.

Burzum
Varg Vikernes, único membro de Burzum.
Nado enBergen, Noruega
XéneroBlack metal, ambient black metal, dark ambient, ambient, lo-fi
Relacionado conMayhem, Old Funeral, Darkthrone, Emperor
Tempo en activo1991 – 1999 e 2009 – 2018
Na rede
Páxina web oficial
Spotify: 7L6u6TyhjuwubrcojPeNgf Last fm: Burzum Musicbrainz: 49cd96a6-42c3-44f6-ba2a-cd9301046b96 Discogs: 175037 Allmusic: mn0000645956 Deezer: 1095 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Só conta cun único integrante, Varg Vikernes (quen integrou grupos como Uruk-Hai e Old Funeral); aínda que contou coa colaboración doutros músicos como Euronymous e Samoth. As primeiras gravacións de Burzum saíron á venda en 1991.

Orixe do nome editar

O nome Burzum significa escuridade en lingua negra, o idioma de Mordor, creado por J. R. R. Tolkien. Segundo o propio Vikernes «O mundo precisa escuridade, porque o exceso de luz nin nos aluma nin nos abriga, senón que céganos e abrásanos». A frase máis coñecida onde aparece esta palabra é na inscrición do anel único, da novela O Señor dos Aneis: «Ash Nazg durbatulûk, ash Nazg gimbatul, ash Nazg thrakatulûk agh burzum-ishi krimpatul».

Asasinato de Euronymous editar

O 10 de agosto de 1993, Vikernes asasinou de forma premeditada a Øystein Aarseth (Euronymous) a puñaladas na súa vivenda, polo que foi condenado a 21 anos de prisión, a pena máxima en toda a historia de Noruega, ao descubrirse tamén a súa participación na queima de tres igrexas históricas. Euronymous era dono da discográfica Deathlike Silence, que sacou á venda os primeiros discos de Burzum, e membro fundador da popular banda de black metal Mayhem, na que Vikernes colaborou como baixista. Os motivos polos que o matou foron descoñecidos durante moito tempo, polo que a prensa publicou todo tipo de interpretacións e elucubracións. Malia isto, anos máis tarde soubose por medio dunha carta dirixida a Vikernes e escrita por un coñecido de Aarseth, que Vikernes realmente asasinouno en defensa propia, xa que nela afirmábase que Aarseth pretendía facer o propio con el. O 24 de maio de 2009, Varg Vikernes saíu baixo liberdade provisional de prisión.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar