Lingua negra
A lingua negra é unha lingua artificial falada en Mordor n'O Señor dos Aneis e outras obras de J. R. R. Tolkien.
Lingua negra | ||
---|---|---|
Creado por: | J. R. R. Tolkien | |
Emprego e uso: | Mordor | |
Total de falantes: | ||
Categoria (propósito): | Lingua artificial Lingua literaria Lingua negra | |
Categoria (fontes): | Lingua hitita e linguas hurrito-urartianas | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún país. | |
Regulado por: | Sen regulación. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -
| |
ISO 639-2: | art
| |
Mapa | ||
Status | ||
Trátase dunha lingua artificial creada por Sauron para os servidores de Mordor, como substituta das varias linguas dos orcos, entre outras. Tolkien describe dúas formas desta lingua: a forma antiga "pura", empregada polo mesmo Sauron, os Nazgûl e os Olog-Hai, e outra forma "degradada" empregada polos soldados de Barad-dûr cara a fin da Terceira Idade. O único exemplo de lingua negra "pura" que aparece nos escritos de Tolkien é a inscrición do Anel Único: o poema dos Aneis de Poder.
- Ash Nazg durbatulûk,
- ash Nazg gimbatul,
- ash Nazg trakatulûk,
- agh burzum-ishi krimpatul,
Traducidas ao galego, estas palabras significan:
- Un Anel para gobernalos a todos
- Un Anel para atopalos
- Un Anel para atraelos a todos
- e na escuridade atalos
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |