Varazdat

rei de Armenia

Varazdat (en armenio: Վարազդատ), foi rei da Armenia arsácida desde o 374 até o 378.[1]

Infotaula de personaVarazdat

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hy) Վարազդատ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor em Wikidata
Morteséculo IV Editar o valor em Wikidata
King of Armenia (en) Traducir
King of Armenia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia arsácida da Arménia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosKhosrov III (pt) Traducir, Vram Shepuh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Derivado do persa medio warāz, que significa "xabaril", e combinado con dātan, que significa "dar", o nome Varazdat (en persa: ورازداد ) significa aproximadamente "dado por xabarís" ou "o que da xabarís".[2]

Traxectoria editar

Orixe editar

Varazdat foi o sobriño e sucesor do anterior rei arsácida de Armenia, Pap,[3] que reinou desde o 370 ata o 374. Segundo San Mesrop Mashtots, o sacerdote e historiógrafo de Nerses I, o pai de Varazdat era Anob, mentres que a identidade da nai é descoñecida. Anob que era un príncipe arsácida, era medio irmán por parte de pai de Pap. Ademais, segundo Fausto de Bizancio, Varazdat proclámabase como sobriño de Papas e o historiador revela as relacións de Varazdat cos arsácidas armenios.O avó paterno de Varazdat era o monarca arsácida Arsaces II, que gobernou como rei monicreque de Armenia dende o 350 ata o 368, mentres que a súa avoa paterna era unha muller de nome descoñecido coa que Arsaces II casou antes do seu reinado, e que morreu antes do ano 358. Pouco se sabe dos primeiros anos da vida de Varazdat.

Campión dos Xogos Olímpicos editar

Algún tempo antes do comezo do seu reinado, Varazdat participou nos Xogos Olímpicos de Grecia. Está considerado como un dos últimos competidores nos Xogos antes de que os prohibise Teodosio I.[4] A vitoria de Varazdat na proba do puxilato foi rexistrada na Historia de Armenia de Moisés de Corene. Xa que reinou do 374 ao 378, crese que a súa vitoria aconteceu na década de 360.[5] Varazdat é o segundo armenio coñecido en participar nos Xogos Olímpicos, despois de que o fixese o seu antepasado Tiridates III de Armenia. A vitoria de Varazdat tamén é coñecida por un memorando que se conserva no Museo Olímpico de Olimpia.[6]

Por iniciativa do Comité Olímpico Nacional de Armenia o 8 de maio de 1998 instalouse un busto de Varazdat na Academia Olímpica Internacional en Olimpia. O autor da escultura foi Levon Tokmajyan.[7]

Proclamación no trono arsácida editar

Despois do asasinato do seu tío Pap, o emperador romano Valente enviou a Armenia a Varazdat, que daquela vivía en Roma, para que ocupase o trono arsácida. Varazdat comezou a gobernar baixo a rexencia de Mushegh I Mamikonian, cuxa familia era prorromana. Varazdat, de igual xeito que o seu tío, promoveu agresivamente o arianismo.[8]

Descenso e desterro editar

A situación en Armenia, disputada entre romanos e persas sasánidas, foise deteriorando. Algún tempo despois da retirada das forzas romanas, Varazdat matou o rexente Mushegh Mamikonian. O posto vacante de sparapet foi rapidamente cuberto por Manuel Mamikonian que servira baixo Shapur II na última guerra cuxana. Manuel tomou as armas contra Varazdat e obrigouno a fuxir de Armenia no 378, despois de catro anos de reinado. Varazdat buscou refuxio en Roma.[9] Manuel xunto coa viúva de Pap, Zarmandukht, e o seu primeiro fillo, Arsaces III, formaron un novo goberno provisional aliado con Persia. Shapur II guarneceu un exército de 10.000 homes en Armenia ao mando de Suren, ao igual que Valente no 377. Finalmente Manuel sublevouse contra Persia e defendeu a soberanía armenia contra Roma e Persia ao longo da década de 380 ata a súa morte.[9]

Valente enviou a Varazdat ás illas británicas.[10] Probablemente Varazdat morreu no exilio e descoñécese a data da súa morte.

Familia editar

As evidencias arqueolóxicas e as antigas fontes históricas armenias e romanas do período non indican que Varazdat tivese muller ou fillos. Con todo, as xenealoxías modernas presentan a Varazdat como o pai de Khosrov IV e Vramshapuh.[11][12]

Notas editar

  1. Hovannisian, R.G. (2004). The Armenian People From Ancient to Modern Times (en inglés). Volume I: The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century. Palgrave Macmillan. p. 94. 
  2. "Etimoloxía" (en inglés). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  3. Kurkjian, V.M. (2008). A History of Armenia. Indo-European Publishing. p. 107. (en inglés). European Publishing. p. 107. 
  4. Wilson, Nigel (2006). Encyclopedia of Ancient Greece (en inglés). Routledge. 
  5. Young, David C. (2004). A Brief History of the Olympic Games (en inglés). Wiley-Blackwell. p. 135. ISBN 1-4051-1130-5. 
  6. "Armenians in Olympic Games and Varazdat: Armenian King Who Won a Gold Medal" (en inglés). 17 de marzo de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  7. "Specially protected nature areas of Armenia" (PDF). nature-ic.am (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2007. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  8. Terian, Abraham (2005). Patriotism And Piety In Armenian Christianity: The Early Panegyrics On Saint Gregory (en inglés). St Vladimir’s Seminary Press. p. 18. 
  9. 9,0 9,1 Lenski, Noel (2003). Failure of Empire: Valens and the Roman State in the Fourth Century A.D. (en inglés). University of California Press. pp. 181–85. ISBN 0-520-23332-8. 
  10. Lang, David Marshall (1970). Armenia: Cradle of Civilization (en inglés). George Allen & Unwin. p. 162. 
  11. Toumanoff, Cyril (1976). Manual genealogy and chronology for the Christian Caucasus (Armenia, Georgia, Albania) (en inglés). Aquila. p. 76. 
  12. Settipani, Christian (2006). "Caucasian and princes of the Empire VIe the IXth century". Continuities elites in Byzantium during the Dark Ages (en inglés). Boccard. p. 108. ISBN 978-2-7018-0226-8.