Vanitas

Vanitas é o termo latino, que pode traducirse por vaidade, que designa unha categoría particular de natureza morta, de alto valor simbólico, un xénero moi practicado na época barroca, particularmente en Holanda.

Vaidade de Juriaen van Streeck.
Vaidade de Philippe de Champaigne (1602-1674).
Vaidade evocando a San Francisco, por Luis de Morales, século XVI.
Vanitas, por Pieter Claesz.

O seu título e a súa concepción relaciónanse cunha pasaxe do Eclesiastés: vanitas vanitatum omnia vanitas (vaidade de vaidades, todo é vaidade). A mensaxe que pretende transmitir é a inutilidade dos praceres mundanos fronte á certeza da morte, animando á adopción dun sombrío punto de vista sobre o mundo. É, ao mesmo tempo, un elemento esencial no xurdimento do bodegón como xénero individual.

SímbolosEditar

Se os obxectos na Idade Media poden figurar na pintura, é porque teñen un sentido. Nas vaidades, os obxectos representados son todos símbolos da fraxilidade e a brevidade da vida, de que o tempo pasa, da morte.

Entre todos estes obxectos simbólicos, o caveira humana, símbolo da morte, é un dos máis correntes. Atópase este memento mori (un se decata de que vai morrer) entre os símbolos das actividades humanas: saber, ciencia, riqueza, praceres, beleza... As vanidades denuncian a relatividade do coñecemento e a vaidade do xénero humano suxeito ao paso do tempo, á morte.

Outros símbolos que adoitan atoparse nas vaidades son: froita podre, que simboliza a decadencia como en senescencia; as burbullas, que simbolizan a brevidade da vida e o repentino da morte; fume, reloxos, e reloxos de area, que simbolizan a brevidade da vida; e instrumentos musicais, símbolos da fugacidade e a natureza efémera da vida.

HistoriaEditar

No século XVII, estes bodegóns moralizantes volvéronse necesarios para a devoción de Europa baixo formas e con intencións diferentes ao Norte e ao Sur, para o catolicismo e para o protestantismo.

É un xénero que gozou de gran apreciación entre os pintores do Norte de Europa, en Flandres e nos Países Baixos.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Karine Lanini, Dire la vanité à l'âge classique. Paradoxes d'un discours, París, Ed.: Honoré Champion, 2006

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar