Pieter Claesz
Pieter Claesz, nado en Burgsteinfurt cara a 1597 e finado en Haarlem o 1 de xaneiro de 1660, foi un pintor neerlandés do século de ouro pictórico dos Países Baixos.
Pieter Claesz | |
---|---|
Nacemento | c. 1596 |
Lugar de nacemento | Berchem |
Falecemento | 1660, decembro de 1660 e 1 de xaneiro de 1661 |
Lugar de falecemento | Haarlem |
Nacionalidade | Países Baixos do Sur e Provincias Unidas |
Ocupación | pintor |
Fillos | Nicolaes Berchem |
Coñecido por | Vanitas Still Life, Still life with a lighted candle e Still life with a fish |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Naceu en Westfalia e instalouse en Haarlem en 1617, onde traballou principalmente.
Xunto a Willem Claeszoon Heda foi dos pintores máis importantes de ontbijt (pronunc.: [ontbait]), é dicir, bodegóns da súa época nos Países Baixos, continuando coa súa minuciosidade e detallismo unha tradición pictórica inaugurada no Renacemento nórdico e Ars Nova polos pintores flamengos. As súas paletas son doces e sutilmente monocromáticas en texturas e luces, nisto aproxímase ao español Sánchez Cotán, aínda que a obra de Pieter Claesz parece ser un estudo -cargado de poesía- do por el representado, mentres cá do mestre español ten un matiz místico.
Claesz seleccionaba obxectos máis sinxelos que Heda, pero as súas obras chegaron a ser máis rechamantes e decorativas. Os dous artistas son os fundadores dunha tradición de naturezas mortas en Harlem; pero o fillo de Claesz, Nicolaas Berchem, fíxose coñecido polas súas paisaxes.
-
Bodegón (1633)
-
Natureza morta, vaidade
-
Bodegón de arenques
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pieter Claesz |