Nicolaes Berchem
Nicolaes Pietersz. Berchem, nado o 1 de outubro de 1620 e finado o 18 de febreiro de 1683, foi un pintor e gravador holandés.
Nicolaes Berchem | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1622 e 1 de outubro de 1620 |
Lugar de nacemento | Haarlem |
Falecemento | 18 de febreiro de 1683 |
Lugar de falecemento | Ámsterdam |
Nacionalidade | Provincias Unidas |
Ocupación | pintor, artista gráfico e artista visual |
Pai | Pieter Claesz |
Coñecido por | The infancy of Zeus, Wild boar hunt e Shepherds beside Roman ruins |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Naceu en Haarlem, aprendeulle a pintar seu pai, o pintor de naturezas mortas Pieter Claesz, e os tamén pintores Jan van Goyen, Jan Wils e Claes Cornelisz Moeyaert. Pasou a formar parte do gremio de pintores da súa cidade en 1642. En 1643 viaxou por Italia con Jan Baptist Weenix. Arredor de 1650 viaxou a Westphalia posiblemente con Jacob van Ruisdael e nesa época traballou co gravador Jan de Visscher no deseño de dous atlas[1]. En 1660 estableceuse en Ámsterdan En 1670 regresou a Haarlem pero volveu a Ámsterdan en 1674.
Berchem foi un pintor prolífico, segundo Hofstede de Groot arredor de 850 cadros, 80 augafortes e 500 debuxos. As súas paixases, seguindo o estilo italiano de escenas rurais idealizadas cunha detallada execución, con outeiros, montañas e árbores, en contraste coa monumentalidade da composición, enmarcada nun ambiente fantasmagórico cunha luz solar outonal e ás veces incluíndo escenas mitolóxicas ou bíblicas. Berchem tamén pintou figuras humanas e animais inspiradas nas obras doutros artistas como Allaert van Everdingen, Jan Hackaert, Gerrit Dou, Meindert Hobbema e Willem Schellinks.
Galería de imaxes editar
-
Paisaxe rochoso con ruínas antigas, ca. 1657
-
Mouro amosando un papagaio a unha dama, arredor de mediados da década de 1660
-
Pastor tocando, debuxo, 1652
Notas editar
- ↑ David Woodward Art and Cartography, 1987, University of Chicago Press, ISBN 0-226-90722-8, páxina 157
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicolaes Berchem |
Ligazóns externas editar
- Nicolaes Berchem no Museo de Nova Zelandia
- https://web.archive.org/web/20080417052430/http://en.nicolaesberchem.com/leven-en-werk
- https://web.archive.org/web/20080501140341/http://www.rijksmuseum.nl/aria/aria_artists/00017856?lang=en
- https://web.archive.org/web/20070928140427/http://www.emslandgeschichte.de/Seiten/Biographien/Texte/Berchem.html