Meindert Hobbema

pintor neerlandés

Meindert Lubbertszoon Hobbema, nado en Ámsterdam o 31 de outubro de 1638 e finado o 7 de decembro 1709, foi un pintor holandés de paisaxes.

Meindert Hobbema
Nacemento31 de outubro de 1638
Lugar de nacementoÁmsterdam
Falecemento7 de decembro de 1709
Lugar de falecementoÁmsterdam
NacionalidadePaíses Baixos e Provincias Unidas
Ocupaciónpintor
Coñecido porLandscape near Deventer, Cottages in a Forest e The Avenue at Middelharnis
Na rede
Musicbrainz: f6c81039-57d5-4cf5-b1ab-789870ccfbcf Discogs: 2386595 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
O camiño de Middelharnis (1689).

Traxectoria editar

Meindert Hobbema casou a idade de 30 anos, o 2 de novembro de 1668 na Oude Kerk (Igrexa vella) de Amsterdam cunha cociñeira, Eeltje Vinck de Gorcum. Foron padriños, o irmán da noiva, Cornelius Vinck e o pintor Jacob van Ruisdael, de quen era discípulo Hobbema. O matrimonio tivo catro fillos entre 1668 e 1673. Por influencias da súa muller foi nomeado inspector de viños da cidade de Amsterdam (1669), cargo no que se mantivo durante corenta anos. Durante ese tempo a pintura non foi para el xa outra cousa que un segundo oficio. A parella viviu en Rozengracht, non lonxe da morada de Rembrandt. En 1704 faleceu a súa dona, e cinco anos despois, o 14 de decembro de 1709, morreu o pintor, que está inhumado na Armenfriedhof der Westerkerk (Cemiterio de pobres da Westerkwrk) en Amsterdam.

Para algúns é o máis grande dos pintores paisaxistas holandeses xunto con Jacob van Ruisdael. Hobbema é famoso polo seu impactante cadro "O camiño de Middelharnis" (Het Laantje van Middelharnis), 1689, na actualidade exposto na National Gallery de Londres.