Willem Claeszoon Heda
Willem Claeszoon Heda, quen asinaba abreviando o seu nome en Claez., nado en 1594 en Haarlem e morto arredor de 1680 na súa cidade natal, foi un pintor holandés especializado en naturezas mortas.
Willem Claeszoon Heda | |
---|---|
Nacemento | 1594 |
Lugar de nacemento | Haarlem |
Falecemento | 1680 e 24 de agosto de 1680 |
Lugar de falecemento | Haarlem |
Nacionalidade | Provincias Unidas |
Ocupación | pintor |
Fillos | Gerrit Willemsz. Heda |
Coñecido por | Breakfast Table with Blackberry Pie, Still life with oysters, a rummer, a lemon and a silver bowl e A Dessert |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A súa pintura mostra a súa excelencia na plasmación de reflexos e na calidade na reprodución da superficie dos obxectos. As naturezas mortas de Heda presentan frecuentemente unha composición en forma de triángulo, no que os obxectso máis en alto son colocados nun lado. Heda utiliza unha paleta de cores restrinxida, de xeito que as súas pinturas semellan, a primeira vista, case monócromas. Curiosamente parece utilizar os mesmos obxectos en cada composición. Nas súas obras anteriores a 1635 mostra o influxo de Pieter Claesz (1596 ou 1597-1660), así como de Floris Van Dyck (1575-1651).
O Rijksmuseum de Ámsterdam, o museo Boijmans Van Beuningen de Rotterdam e o Museum voor Schone Kunsten de Gante posúen arredor de 70 obras de Heda.
Heda traballou toda a súa vida en Haarlem e foi presidente da Sint Lucasgilde (confraría de San Lucas), que agrupaba aos pintores, máis o final da súa vida non o coñecemos. Heda tivo numerosos discípulos, entre eles o seu fillo Gerrit Willemz Heda (activo entre 1642-1702).
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Willem Claeszoon Heda |