Vanessa Morgan

actriz canadense

Vanessa Morgan Mziray, nada en Ottawa (Ontario) o 23 de marzo de 1992,[1] e unha actriz, cantante e modelo canadense, coñecida polos seus papeis de Sarah Fox no filme e na serie My Babysitter's a Vampire, Hannah en Geek Charming, Lyria en The Shannara Chronicles e Toni Topaz en Riverdale.[2]

Infotaula de personaVanessa Morgan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Otava, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónColonel By Secondary School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
Familia
CónxuxeMichael Kopech (2020–2020), divorcio
ParellaJames Karnik (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webvanessamorgan.ca Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0605081 Allocine: 502217 Rottentomatoes: celebrity/vanessa_morgan Allmovie: p342280 TV.com: people/vanessa-morgan
Twitter: VanessaMorgan Instagram: vanessamorgan VK: vanessa_mziray_morgan TikTok: vanessamorgan Genius: Vanessa-morgan Editar o valor em Wikidata

Vida e carreira editar

Naceu en Ottawa, Ontario. O seu pai é de África Oriental e a súa nai é de Escocia. Ela gañou o certame Miss América Junior en 1999.[3] Graduouse de Colonel By Secondary School en 2010. Morgan fixo aparicións na película A Diva's Christmas Carol en 2000 e unha aparición en 2010 en Frankie and Alice.

Morgan iniciou a súa carreira como actriz na serie de televisión de Family Channel The Latest Buzz, interpretando a Amanda Pierce, onde ela era un dos personaxes principais, nesta serie, ela interpretaba á filla do dono da revista, onde Amanda cobre artigos de Moda.

En 2010, Morgan interpretou a Marion Hawthorne na película de Disney Channel Harriet the Spy: Blog Wars. Ao ano seguinte, interpretou a Sarah na película de Disney Channel/Teletoon My Babysitter's a Vampire, así como na serie de televisión co mesmo nome.

En 2011, Morgan apareceu na película orixinal de Disney Channel Geek Charming xunto a Matt Prokop e Sarah Hyland. Tivo un papel recorrente na temporada 2 da serie de Disney Channel ANT Farm como Vanessa, a moza de Cameron.

Vida persoal editar

En xullo de 2019, Morgan comprometeuse co xogador de béisbol Michael Kopech.[4] Casaron o 4 de xaneiro de 2020.[5] O 19 de xullo de 2020, Kopech pediulle o divorcio.[6] En xullo dese mesmo ano, Morgan anunciou o seu embarazo.[7] O 29 de xaneiro de 2021, deu a luz a un neno.[8] O 3 de febreiro de 2021, deuse a coñecer o nome do seu primeiro fillo, River Dante.[9]

Filmografía editar

Ano Película Personaxe Notas
2000 A Diva's Christmas Carol Mozo Ebony Película de televisión
2007–2010 A última onda Amanda Pierce Rol principal
2009-2012 Summer Camp Lindsay Papel Recorrente
2010 Harriet a Espía: Guerra de Blogs Marion Hawthorne Disney Channel Orixinal Movie
2010 Frankie and Alice Mozo Frankie Debut en cine
2010 A miña aia é un vampiro Sarah Fox Película de televisión
2011 Un chiflado encantador Hannah Disney Channel Orixinal Movie
2011–2012 A miña aia é un vampiro: A serie Sarah Fox Rol principal
2012 Programa de talentos Jeanne / Vanessa 4 episodios
2013 Degrassi Vanessa 2 episodios
2014 Finding Carter Beatrix "Bird" Castro
2017 The Shannara Chronicles Lyria Rol principal
2017—2023 Riverdale Antoinette «Toni» Topaz Repartición recorrente, 17 episodios (tempada 2) Repartición principal, 42 episodios (tempada 3-presente)
2018 Pimp Destiny Rol Principal

Notas editar

  1. "Cast bios for Geek - Vanessa Morgan "Hannah"". Disney Channel Netflix Medianet. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  2. "The Celebrity Dish Twenty Minutes with Bruce McDonald and Vanessa Morgan". UrbamMoms.ca. 5 de outubro de 1930. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2011. 
  3. "Vanessa Morgan News". VanessaMorgan.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2011. 
  4. "Brielle Biermann's Ex Michael Kopech Engaged to Riverdale's Vanessa Morgan: 'I Love You Intensely'". 3 de xullo de 2019. 
  5. "Riverdale Actress Vanessa Morgan Weds MLB Star Michael Kopech". 4 de xaneiro 2020. 
  6. "Michael Kopech Files for Divorce from Pregnant Riverdale Star Vanessa Morgan After 6 Months of Marriage". 
  7. Morgan, Vanessa. "Exciting news". I am overjoyed to be welcoming my baby boy into the world this January 
  8. Cardoza, Riley (31 de xaneiro 2021). "Baby Boy! Riverdale's Vanessa Morgan Gives Birth to 1st Child" (en inglés). 
  9. "Vanessa Morgan (‘Riverdale’) ya es mamá". Consultado o 4 de febreiro de 2021.