Valentín Alfonsín Somoza

empresario e político galego
(Redirección desde «Valentín Alfonsín»)


Valentín Alfonsín Somoza, nado en Dodro en 1969, é un político galego de Xente de Dodro.

Infotaula de personaValentín Alfonsín Somoza
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Dodro, España Editar o valor em Wikidata
Cargos

Alcalde de Dodro
Período2011 – 2019
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico e empresario
Partido políticoPPdeG
Xente de Dodro
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en empresariais, cun máster en mercadotecnia e mais empresario de transportes. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato do PPdeG á alcaldía de Dodro, pero non logrou a maioría absoluta e gobernou un bipartito constituído polo PSdeG e o BNG co socialista Arturo Díaz á fronte.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[1] Revalidou a alcaldía con maioría absoluta tralas municipais de 2015 e, ata 2017, compaxinou o seu cargo co de xerente da empresa que ten en Dodro. Nas municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, que foi para o socialista Xabier Castro Tourís.

Para as municipais de 2023, foi excluído como candidato pola dirección provincial do partido,[2] polo que encabezou a formación Xente de Dodro.[3]


Predecesor:
Arturo Díaz Díaz
  
Alcalde de Dodro
 
2011 - 2019
Sucesor:
Xabier Castro Tourís

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar