Xabier Castro Tourís

político galego

Francisco Xabier Castro Tourís, nado en Lestrobe (Dodro) en 1964,[1] é un político galego do PSdeG.[2]

Francisco Xabier Castro Tourís


Alcalde de Dodro
Actualmente no cargo
Dende o 2019

Datos persoais
Nacemento 1964
Lestrobe, Dodro Galicia Galicia
Partido PSdeG
Profesión Político

Traxectoria editar

Empregado no aeroporto de Santiago de Compostela e, como afección, dedícase a cría e adestramento de cáns de raza rottweiler.[1] Foi elixido concelleiro de Dodro polo PSdeG-PSOE tralas eleccións municipais de 1987, manténdose na corporación ata 2007 e sendo membro da oposición. Encabezou a candidatura nas municipais de 1995. No 2007 e no 2011 foi de novo nas listas do PSdeG pero non resultou elixido.

Regresou á corporación como candidato socialista tralas municipais de 2015, nas que conseguiu un concelleiro e se situou na oposición. Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do PSdeG á alcaldía e conseguiu 3 concelleiros, polo que foi elixido alcalde grazas ó apoio de Unidadede Veciñal de Dodro e BNG,[3][4] establecendo un tripartito con ambas formacións. Nas municipais de 2023 foi a candidatura máis votada con 3 concelleiros trala escisión sufrida polo PP, polo que foi reelixido alcalde co apoio de Unidade Veciñal.[5]


Predecesor:
Valentín Alfonsín Somoza
  
Alcalde de Dodro
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 López, Uxía (11-10-2017). "«O can de raza rottweiler é moito máis sociable do que a xente pensa»". La Voz de Galicia. Consultado o 29-05-2019. 
  2. López, U. (28-05-2019). "O PSOE ten a oportunidade de volver presidir o goberno de Dodro, co apoio da Unidade Veciñal e BNG". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2019. Consultado o 29-05-2019. 
  3. "Xabier Castro, novo alcalde, asegura que os veciños terán o mando do Concello de Dodro". La Voz de Galicia. 16-06-2019. Arquivado dende o orixinal o 16-06-2019. Consultado o 16-06-2019. 
  4. López, Uxía (15-06-2019). "Padrón e Rois repiten alcalde do PP e en Dodro sae elixido Xabier Castro, do PSOE". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2019. Consultado o 15-06-2019. 
  5. "Xabier Castro regirá Dodro gracias a Unidade Veciñal". El Correo Gallego. 17-06-2023. Consultado o 13-07-2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar