VG-1.4

vía para automóbiles de Cee a Sardiñeiro

A VG-1.4 ou Vía de Alta Capacidade Cee - Sardiñeiro, tamén coñecida como Variante de Sardiñeiro[1][2], é unha infraestrutura de dominio público dependente da Xunta de Galicia. Conecta o concello de Fisterra coa AC-552 evitando o paso polos cascos urbanos de Cee e Corcubión.

VG-1.4
Vía de Alta Capacidade Cee-Sardiñeiro
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude4,86 km
Localización
Inicio AC-552  Cee
Fin AC-445  Sardiñeiro
Circulación
TránsitoRodado, non peonil.
Velocidade máxima100 km/h

Historia e características editar

As obras empezaron en decembro de 2008[3] e foi finalmente posta en servizo o 28 de novembro de 2011[2]. A VG-1.4 forma parte -orixinariamente- dun corredor de alta capacidade pensado para unir, canda a AG-55 e a VG-1.5, as localidades de Carballo e Fisterra.[4]

Notas editar

  1. "La variante de Cee a Sardiñeiro estará lista antes del verano del 2011". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-04-21. Consultado o 2017-08-07. 
  2. 2,0 2,1 "De Cee a Fisterra en 3 minutos pola VAC". Que pasa na costa. 2011-11-28. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-07. 
  3. "Os datos técnicos da VAC da Costa da Morte". Que pasa na costa. 2008-12-26. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-07. 
  4. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2017-08-07.