Víctor Chust

futbolista español

Víctor Chust, nado en Valencia o 5 de marzo de 2000, é un futbolista español que xoga na posición de defensa no Cádiz Club de Fútbol da Primeira División de España desde a tempada 2021-22, en calidade de cedido polo Real Madrid Club de Fútbol.

Víctor Chust
Nacemento5 de marzo de 2000
Lugar de nacementoValencia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

CursoEditar

Nativo de Valencia, tivo os seus primeiros contactos co fútbol nas categorías formativas do Valencia Club de Fútbol ata que aos doce anos ingresou nas categorías inferiores do Real Madrid Club de Fútbol. Nelas foi ascendendo desde os equipos infantís e cadetes até chegar ao primeiro equipo xuvenil en 2017. Alí mantívose até a tempada 2019-20, baixo as ordes de Raúl González, exjugador histórico do club, e onde formou parte do persoal que gañou a liga Xuvenil da UEFA ao alcanzar a vitoria na final aos xuvenís do Sport Lisboa e Benfica por 2-3.[1]

As súas estatísticas na competición europea foron 7 partidos, que sumou aos 8 disputados no seu debut na competición o curso anterior.[2] Tras compaxinar o ano do campionato europeo entre o xuvenil e o equipo filial, o Real Madrid Castilla Club de Fútbol —onde debutou o 25 de agosto de 2019—, ingresou definitivamente no filial para a tempada 2020-21.[3]

Durante o novo curso na Segunda División "B", e tamén baixo dirección de Raúl González, consolidouse como o defensa central do equipo á vez que compaxinou as súas actuacións co primeiro equipo, o Real Madrid Club de Fútbol, dirixido por Zinedine Zidane.[4]

O 20 de xaneiro de 2021 fixo o seu debut no primeiro equipo en Copa do Rei, nun encontro disputado no estadio El Collao fronte ao Club Deportivo Alcoyano que acabou con derrota madridista, partindo como titular.[5] Xogou dous partidos máis no que restaba de tempada e en agosto foi cedido sen opción de compra ao Cádiz Club de Fútbol.[6]

InternacionalEditar

É internacional sub-19 con España.

ClubsEditar

Club País Ano Partidos (goles)
Real Madrid Castilla C. F.   España 2019-2021 26 (0)
Real Madrid C. F.   España 2021- 3 (0)
Cádiz CF (cedido)   España 2021- 7 (0)

PalmarésEditar

Campionatos internacionaisEditar

Título Club Sede Ano
Liga de Campións xuvenil Real Madrid C. F. Suíza  2019-20

NotasEditar

  1. Páxina oficial da UEFA (ed.). "Final 2019-20 Liga Juvenil". Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  2. Portal dixital LaPreferente (ed.). "Estadísticas de Víctor Chust (formativas)". Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  3. Portal dixital Transfermarkt (ed.). "Estadísticas de Víctor Chust". Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  4. Páxina oficial do Real Madrid (ed.). "Plantilla del Castilla 2020-21". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2020. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  5. OK Diario (ed.). "Once oficial del Real Madrid contra el Alcoyano: Casemiro no descansa y debuta Chust". Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  6. Páxina oficial do Cádiz Club de Fútbol, ed. (10 de agosto de 2021). "Cesión de Víctor Chust por parte del Real Madrid". Consultado o 10 de agosto de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar