Antía Albés Gándara nada no ano 1987 en Vigo, técnica superior en Conservación e Restauración e graduada en Historia da Arte. Participante de Wikipedia:Curso de edición do Centro de Documentación e Recursos Feministas 2021.

Estudos editar

No ano 2005 ingresou na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra, onde se especializou no campo de Arqueoloxía. Anos máis tarde entrou na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou o Grao de Historia da Arte e se especializou no campo das Vangardas e da Arte abstracta cun TFG (Traballo de Fin de Grao) sobre Kandinsky. Este traballo tería a súa continuación no TFM (Traballo de Fin de Máster) sobre a relación pictórica entre a obra de Kandinsky e Miró, e que escribiu durante a súa estancia en Barcelona. Na cidade condal estudaría o máster en Estudos Avanzados en Historia da Arte na Universitat de Barcelona.

Mentres que o primeiro traballo tiña unha perspectiva eminentemente Estética, o segundo estaba marcado polos estudos en Socioloxía da Arte. Esta perspectiva tería a súa continuidade nos seus traballos como investigadora independente.

Futuro editar

As propostas artísticas do XXI veñen demandando un revisionismo na Historia da Arte dende un punto de vista sociolóxico. Así, é urxente un análise da obra de artistas, do mercado da arte e dos novos debates. Que é arte popular e cal é a función do museo?

Activismo editar

De forma parexa a un activismo feminista no campo da Arte, Albés Gándara pon tamén atención ao veganismo e o mediambientalismo. Deste xeito, dende os seus perfís en redes sociais apoia unha acción interseccional que inclúa a colectivos marxinados e oprimidos.

Enlaces de interese editar

Grupo Atlántica

Georgia O'Keeffe[1]

Fontes editar

  1. Benke, Britta,. Georgia O'Keeffe, 1887-1986 : flowers in the desert (English edition ed.). Köln. ISBN 978-3-8365-4231-9, 3-8365-4231-5 |isbn= incorrecto: invalid character (Axuda). OCLC 956883175.