Georgia O'Keeffe

artista estadounidense

Georgia O'Keeffe, nada en Sun Prairie, Wisconsin o 15 de novembro de 1887 e finada en Santa Fe, Novo México o 6 de marzo de 1986, foi unha célebre pintora estadounidense.

Infotaula de personaGeorgia O'Keeffe
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Sun Prairie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 1986 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Santa Fe, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesOkeef, Georgia
O'Keeffe, Georgia Totto
Okeefe, Georgia
Stieglitz, Georgia O'Keeffe Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Teachers College (en) Traducir
Edgewood High School of the Sacred Heart (en) Traducir
Art Students League of New York (pt) Traducir
Universidade da Virgínia (pt) Traducir
School of the Art Institute of Chicago (en) Traducir
Madison Central High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Novo México (1929–1983)
Nova York
Austin
Abiquiú (en) Traducir
Chicago
Santa Fe
Virxinia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , debuxante arquitectónica , artista gráfica , debuxante , artista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNatureza morta, pintura de flores (pt) Traducir, Arte abstracta, Arte feminista (pt) Traducir e Arte de paisaxes Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo nos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresWilliam Merritt Chase (pt) Traducir, Kenyon Cox (pt) Traducir e F. Luis Mora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlfred Stieglitz (1924–1946) Editar o valor em Wikidata
PaisFrancis O'Keeffe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ida Ten Eyck Totto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIda O'Keeffe (pt) Traducir e Anita O'Keeffe Young (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1066174 Dialnet: 2494425 Musicbrainz: 9b683681-8585-406d-a262-91348170023f Discogs: 2403865 WikiTree: O'Keeffe-2 Find a Grave: 3484 Editar o valor em Wikidata
Georgia O'Keeffe na época universitaria

Traxectoria editar

Georgia O'Keeffe naceu nunha familia de agricultores. Logo dos primeiros estudos en Wisconsin, no 1905 pasou a estudar a Chicago e en 1907 a Nova York.

No 1908 asistiu na galería de Nova York do seu futuro marido, o fotógrafo Alfred Stieglitz, a unha mostra de acuarelas de Rodin que a impresionaron profundamente.

Nestes anos, Stieglitz organizou diversas mostras de O'Keeffe, introducíndoa nos ambientes da vangarda neoyorkina, nos que se movían moitos modernistas americanos amigos de Stieglitz, como Charles Demuth, Arthur Garfield Dove, Marsden Hartley, John Marin, Paul Strand e Edward Steichen.

As súas creacións dos anos 1910 están caracterizadas por un abstraccionismo lírico, creado con harmoniosas liñas, figuras e cores; estas obras, principalmente series de ilustracións a carbonciño e acuarela, figuran entre as máis innovadoras de toda a arte estadounidense producida no período.

Na década dos anos 1920 abandonou a técnica da acuarela para realizar pinturas ao óleo de grande formato con formas naturalísticas e arquitectónicas inspiradas nos edificios de Nova York en primeiro plano, como vistas a través dunha lente.

Estas obras contribuíron ao seu éxito, tanto que, a mediados dos anos 20, era considerada unha das artistas máis importantes de América.

No 1924 O'Keeffe e Stieglitz casaron. A partir do 1929 pasou en Novo México varios meses do ano, pintando algunha das súas creacións máis famosas nas que sintetiza a abstracción con representación de flores e paisaxes típicas da zona, especialmente outeiros desérticos cheos de rochas, cunchas e ósos de animais. Os contornos son ásperos, con sutís transicións tonais de cores, que varían ata transformar o asunto en potentes imaxes abstractas, ás veces transfiguradas en sentido erótico.

Nos anos 30 e 40, O'Keeffe recibiu numerosos encargos e, á vez, alabanzas de moitas universidades.

En 1946 faleceu o seu marido e en 1949 O'Keeffe trasladouse permanentemente a Novo México.

Durante os anos 50 produciu unha serie de pinturas con formas arquitectónicas inspiradas na súa casa de Novo México e unha vasta serie de pinturas de nubes como vistas desde fiestriñas dun aeroplano.

A partir do comezo dos anos 70, unha doenza da vista obrigoulle a diminuír o ritmo do seu traballo.

Faleceu en 1986, á idade de 98 anos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar