Universidade Bocconi

A Universidade Comercial Luigi Bocconi é unha universidade privada en Milán, Italia, especializada no ensino da economía. Foi fundada o 10 de novembro de 1902 por Ferdinando Bocconi, propietario dos almacéns Bocconi, que foron posteriormente vendidos a dous das familias máis ricas de Milán que, coa axuda do poeta italiano Gabriele D'Annunzio, convertéronos nos actuais grandes almacéns "La Rinascente". Ferdinando fundou a universidade co nome do seu fillo Luigi, morto na Batalla de Adua (Etiopía) en 1896.

Universidade Bocconi
Universidade Comercial Luigi Bocconi
Datos xerais
Localización42°52′50″N 8°32′42″O / 42.88056, -8.54500
Italia Milán, Italia
Fundación1902
Datos actuais
ReitorGianmario Verona
Datos de contacto
Páxina webunibocconi.it
unibocconi.eu
Facebook: unibocconi Twitter: unibocconi Instagram: unibocconi Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A Universidade Bocconi é unha das primeiras universidades do mundo en ofrecer unha licenciatura en Economía e a primeira de Italia. Desde a súa fundación a Universidade defendeu o liberalismo, o pluralismo e o progreso social e económico. Hoxe en día, é unha universidade de nivel internacional en economía, negocios e dereito. Dedícase tamén á investigación obtendo fondos de institucións nacionais e internacionais sendo un nodo importante da rede de universidades de economía e negocios. Conta cun programa de intercambio co Dartmouth College e a Universidade de Nova York.

Características institucionais

editar

O actual reitor é Gianmario Verona e o presidente é Mario Monti.

A pesar do custo máis ben elevado respecto da media italiana, a Bocconi é unha organización sen beneficios, é dicir, as taxas universitarias reinvístense totalmente na actividade didáctica, de investigación e na organización de eventos, cursos... A universidade organiza estancias empresariais de tres meses de duración tras a conclusión da especialización e conta coa SDA Bocconi School of Management -unha das máis importantes escolas de negocio de Europa, fundada en 1971.

Edificios

editar

O campus da Universidade Bocconi en Viale Bligny, ademais de comprender os antigos edificios de vía Sarfatti, a Igrexa de San Ferdinando e a Biblioteca, inclúe os novos edificios: o "Velodromo", un edificio oval de catro pisos proxectado por Ignazio Gardella, para un total de 4500 prazas, o Centro Lingüístico, o SEDIN e a Scuola di Direzione Aziendale. O 31 de outubro de 2008, foi inaugurado o Edificio Roentgen, proxectado do estudo Grafton Architects (integrado por Yvonne Farrell e Shelley McNamara). O edificio obtivo o Premio World Building of the Year no World Architecture Festival de Barcelona. Amais, contan cunha segunda aula magna de 1000 postos.[1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar